Educación e Cultura

O alumnado da Escola de Música de Rianxo exhibirá os coñecementos e habilidades adquiridos ao longo deste curso nunha serie de concertos - Festival de Nadal da Escola de Música de Rianxo - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Festival de Nadal da Escola de Música de Rianxo

O alumnado da Escola de Música de Rianxo exhibirá os coñecementos e habilidades adquiridos ao longo deste curso nunha serie de concertos

Festival de Nadal da Escola de Música de Rianxo, organizado pola Escola de Música de Rianxo, en colaboración co Concello de Rianxo, coa Deputación da Coruña e coa Xunta de Galicia. O alumnado da Escola de Música de Rianxo exhibirá os coñecementos e habilidades adquiridos ao longo deste curso a través desta serie de concertos:

  • Sesión 1 - Venres 20,  ás 20.00 h: aula de piano, aula de canto, coro infantil, aula de saxofón.
  • Sesión 2 - Sábado 21,  ás 11.30 h: aula de trompeta, aula de óboe, aula de clarinete, aula de saxofón e aula de iniciación musical.
  • Sesión 3 - Domingo 22,  ás 11.30 h: aula de frauta, aula de fagot, aula de canto, aula de guitarra, aula de percusión, aula de violín e emsemble de cordas.
  • Sesión 4 - Domingo 22,  ás 18.00 h: aula de trombón, bombardino e tuba, aula de violonchelo, aula de saxofón, aula de contrabaixo e baixo eléctrico, combo infantil e banda infantil.

Todas as sesións se celebrarán no Centro Sociocultural Auditorio de Rianxo - Sala Arcos Moldes. Entradas de balde ata completar aforo. Retirada de entradas dende 1 hora antes de cada sesión.