Educación e Cultura

Isabel Risco e Fran Rei son Rosalía de Castro e Eduardo Pondal nesta peza de teatro cómico. - TEATRO: Dúo Vaguedades, por Artefeito producións - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

TEATRO: Dúo Vaguedades, por Artefeito producións

Isabel Risco e Fran Rei son Rosalía de Castro e Eduardo Pondal nesta peza de teatro cómico.

TEATRO: Dúo Vaguedades, por Artefeito producións. Isabel Risco e Fran Rei son Rosalía de Castro e Eduardo Pondal nesta peza de teatro cómico.

  • Cando: Sábado 25 xaneiro, 20:30 h.
  • Onde: Centro Sociocultural-Auditorio, Sala Arcos Moldes

Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada de convites na billeteira do Auditorio dende unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa). Duración: 60 min. Todos os públicos.

Proposta ao abeiro do programa Rede Cultural 2024 da Deputación da Coruña.

Dúo Vaguedades

Pouca xente sabe que Rosalía de Castro e Eduardo Pondal formaron un dúo musical, o Dúo Vaguedades, que acadou un gran éxito nas festas, foliadas e romarías do país. Até hoxe, non existían rexistros desta actividade, mais o achado dunhas gravacións e videoclips inéditos sacan por fin á luz este fito imprescindible da nosa cultura. Protagonizado por Isabel Risco e Fran Rei o espectáculo ofrece varios dos temas musicais da banda (cantados en rigoroso directo), mesturados con divertidos sketches e escenas cómicas sobre o noso xeito de ser, de falar e de relacionármonos entre nós mesmos/as e co resto da humanidade.