Educación e Cultura

No marco da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña - MAXIA-MÚSICA: Galerock'nMagic polo Mago Teto - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:

APERTURA DAS INSTALACIÓNS
Luns: 09.00 a 14.30 horas
De martes a venres: de 09.00 a 21.00 horas
Sábados: de 10.00 a 14.00 horas
                 de 16.30 a 21.00 horas

SERVIZOS TÉCNICOS:
De luns a venres: 09.00 a 14.30 horas

Horario de verán:

​​​​​​​Luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Estes horarios poden sufrir modificacións por razón de programación ou imprevistos, que, de ser posible, anunciaranse.

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

MAXIA-MÚSICA: Galerock'nMagic polo Mago Teto

No marco da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña

MAXIA-MÚSICA: Galerock'nMagic polo Mago Teto

No marco da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña

  • DÍA: sábado 05 de decembro
  • HORA: 19:00
  • LUGAR: sala Arcos Moldes do Auditorio
  • PÚBLICO RECOMENDADO: familiar 
  • DURACIÓN: 70 minutos
  • ENTRADA: de balde ata completar capacidade. Recollida de convites dende unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa)

O novo show dun mago dunha tremenda e contrastada calidade. Un show que mestura as dúas principais paixóns de Teto: o rock e a maxia. Era cuestión de tempo unilas e sumar ao seu repertorio un espectáculo cargado de ilusións, ritmo, humor e moita moita moita tralla.

Aparicións sorprendentes, xogos de adiviñación e pequenas e grandes ilusións máxicas. Rock ‘n’ Magic, dirixido por Fran Rei, é mais que un espectáculo de maxia; é un concerto de rock and roll. O Mago Teto, un dos mellores e máis populares magos do noso país, une o seu talento ao de Fer Risco na batería e Mon Orencio na guitarra, para construír un espectáculo onde a maxia convive con algúns dos clásicos do rock and roll.