Oficina de Rehabilitación

- Rectificación das Bases para a concesión das axudas á rehabilitación - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Adro 2, Rianxo

981 866 350

981 866 628

odr@concelloderianxo.gal

Concellería de Urbanismo

luns a venres: 10.00 - 14.00
martes e xoves: 17.00 - 19.00

Persoal

Carlos Henrique Fernández Coto
Arquitecto

carloshenrique.fernandez@concelloderianxo.gal

Susana Holgado Herrero
Administrativa

susana.holgado@concelloderianxo.gal

Oficina da Área de Rehabilitación

Rectificación das Bases para a concesión das axudas á rehabilitación

Rectificación das Bases para a concesión das axudas á rehabilitación de edificios e vivendas na Área de Rexeneración e Renovación Urbana de Rianxo, Rianxiño e Fincheira (5a fase)

En sesión da xunta de goberno local do 11/04/2016 adoptouse o seguinte acordo:

PRIMEIRO

Rectificar o apartado primeiro da base 3a das Bases reguladoras para a concesión das axudas á rehabilitación dos edificios e vivendas na Área de Rexeneración e Renovación Urbana de Rianxo, Rianxiño e Fincheira (5a fase) aprobadas pola Xunta de Goberno Local o 21/12/2015, do xeito seguinte:

Onde di:

“A contía das axudas económicas ascenderá a 44.700,00 € que por tratarse de
axudas plurianuais se repartirá consonte o seguinte cadro:

Anualidade Importe
2015 17.998,11
2016 26.701,89
TOTAL 44.700,00

"

Debe dicir:

“A contía das axudas económicas ascenderá a 41.200,00 € que por tratarse de
axudas plurianuais se repartirá consonte o seguinte cadro e con imputación á
aplicación orzamentaria 1522.78000 e proxecto de gasto 2015/2/22/1:

Anualidade Importe
2015 16.588,86
2016 24.611,14
TOTAL 41.200,00

"

O contido restante da base 3ª queda co literal aprobado pola Xunta de Goberno Local o 21/12/2015.

SEGUNDO

Darlle publicidade a este acordo polos mesmos medios da publicidade da
convocatoria: BOP, taboleiro de anuncios do concello, web municipal.

TERCEIRO

Ampliar en 7 días naturais o prazo de presentación de solicitudes de 120 días
previsto no apartado 4 da base 9a, de modo que esta base queda redactada como
segue:

“O prazo de presentación das solicitudes será de 127 días naturais a contar desde o
día seguinte da publicación das presentes bases da convocatoria no Boletín Oficial
da Provincia (BOP)”