Procesos Selectivos

Contratación de 2 peóns/peoas forestais - Servizo de Limpeza de Montes e outras tarefas de valorización forestal - Ano 2024 - Concello de Rianxo

SERVIZO DE EMPREGO

INFORMACIÓN XERAL

Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local
Praza Castelao 1, Rianxo

981 86 00 75

981 84 36 29

emprego@concelloderianxo.gal

luns a venres 09.00 - 14.00

Procesos Selectivos de Persoal Laboral

Servizo de Limpeza de Montes e outras tarefas de valorización forestal - Ano 2024

Contratación de 2 peóns/peoas forestais

O Concello de Rianxo, en colaboración coa Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, vai presentar oferta de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia, na súa oficina de Boiro, para a contratación de 2 peóns/peoas forestais para o Servizo de Limpeza de Montes e outras tarefas de valorización forestal.

As persoas traballadoras que se contraten para a realización das obras e servizos e polas que se outorgue a subvención deberán ser persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupadas e estar dispoñibles para o emprego. Estes requisitos deberán cumprirse tanto no momento da selección como no da formalización do contrato de traballo vinculado a programas de políticas activas de emprego.

Orde da convocatoria