Procesos Selectivos

Contratación de socorristas - Servizo de Vixilancia de Praias - Ano 2022 - Concello de Rianxo

SERVIZO DE EMPREGO

INFORMACIÓN XERAL

Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local
Praza Castelao 1, Rianxo

981 86 00 75

981 84 36 29

emprego@concelloderianxo.gal

luns a venres 09.00 - 14.00

Procesos Selectivos de Persoal Laboral

Servizo de Vixilancia de Praias - Ano 2022

Contratación de socorristas

O Concello de Rianxo, en colaboración coa Consellería de Emprego e Igualdade, vai presentar unha oferta de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia na súa oficina de Boiro para a contratación de socorristas dentro do Servizo de Vixilancia de Praias.

Os traballadores e traballadoras que se contraten deberán ser persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados e estaren dispoñibles para o emprego; o artigo 14 da orde de convocatoria establece que terán preferencia, en todo caso, os colectivos con especiais dificultades de inserción laboral e, se é o caso, aqueles que teñan previsto a realización deste tipo de medidas no seu itinerario de inserción profesional.