Bandos InformativosBandos Informativoshttp://concelloderianxo.gal:8080/c/blogs/find_entry?p_l_id=108782024-03-28T12:25:15Z2024-03-28T12:25:15ZBando informativo sobre a exposición pública do censo electoralCarlos Ceshttp://concelloderianxo.gal:8080/c/blogs/find_entry?p_l_id=10878&entryId=36045762023-06-07T07:44:53Z2023-06-07T07:43:00Z

Carlos Ces2023-06-07T07:43:00ZBando informativo sobre a apertura da Aula de EstudoCarlos Ceshttp://concelloderianxo.gal:8080/c/blogs/find_entry?p_l_id=10878&entryId=31871632022-08-30T09:54:40Z2022-08-30T09:53:00Z

Carlos Ces2022-08-30T09:53:00ZBando polo Día da PatriaCarlos Ceshttp://concelloderianxo.gal:8080/c/blogs/find_entry?p_l_id=10878&entryId=31317192022-07-24T11:00:25Z2022-07-24T11:00:00Z

Carlos Ces2022-07-24T11:00:00ZIncidencias na recepción da TDTCarlos Ceshttp://concelloderianxo.gal:8080/c/blogs/find_entry?p_l_id=10878&entryId=31057182022-07-07T07:45:36Z2022-07-07T07:44:00Z
As redes de telefonía móbil de nova xeración 4G e 5G están a ser despregadas no noso concello.

Esta tecnoloxía utiliza as bandas de frecuencia dos 800 e 700 MHz, que poden provocar interferencias co sinal da Televisión Dixital Terrestre (TDT).

No caso de que o acendido dun destes novos nodos de telefonía móbil provoque problemas na recepción do sinal da TDT, o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital pon a disposición da cidadanía un recurso gratuíto para resolver todas as reclamacións relativas a problemas coa recepción da TDT.

Se é vostede parte afectada por este cambio e deixou de recibir adecuadamente o sinal de televisión, pode pórse en contacto coa entidade xestora designada en:

• Teléfono: 900 833 999
• Web: www.llega700.es

De ser necesario, este servizo enviará unha empresa instaladora autorizada aos domicilios afectados que cursen a reclamación para facérenlles a adaptación de forma gratuíta.
Carlos Ces2022-07-07T07:44:00ZAxudas para a adquisición de pastores eléctricos para a prevención dos danos ocasionados polo xabarilCarlos Ceshttp://concelloderianxo.gal:8080/c/blogs/find_entry?p_l_id=10878&entryId=28663612022-01-21T13:52:34Z2022-01-21T13:48:00Z

Carlos Ces2022-01-21T13:48:00ZBando informativo polo Día da Patria 2021Carlos Ceshttp://concelloderianxo.gal:8080/c/blogs/find_entry?p_l_id=10878&entryId=25766022021-07-24T12:15:37Z2021-07-24T12:15:00Z
Bando informativo polo Día da Patria 2021
Carlos Ces2021-07-24T12:15:00ZBando informativo sobre as limitacións e restricións no Concello de Rianxo pola COVID-19Carlos Ceshttp://concelloderianxo.gal:8080/c/blogs/find_entry?p_l_id=10878&entryId=22540202020-12-21T12:28:03Z2020-12-21T12:24:00Z
Diante da perigosa subida de casos de COVID 19 rexistrados nestes últimos días no noso Concello así como no resto da comarca Barbanza-Arousa Norte, faise un chamamento a manter tanto individual como colectivamente as normas vixentes antes de derivar en limitacións e sancións moito máis duras e restritivas. Varios locais comercais xa tomaron a decisión difícil, mais responsábel, de pechar os estabelecementos conscientes de que a saúde é a prioridade.

LIMITACIÓN DA LIBERDADE DE CIRCULACIÓN DAS PERSOAS EN HORARIO NOCTURNO
Durante o período comprendido entre as 23:00 e as 6:00 horas, agás:
1. Adquisición de medicamentos, produtos sanitarios e outros bens de primeira necesidade.
2. Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios ou de atención veterinaria por motivos de urxencia.
3. Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais ou legais e retorno ao lugar de residencia habitual tras realizar algunhas das actividades previstas nestes apartados.
4. Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.
5. Por outras causas de forza maior ou situacións de necesidade.

RESTRICIÓNS ÁS AGRUPACIÓNS DE PERSOAS
Limítanse os grupos para o desenvolvemento de calquera actividade ou evento de carácter familiar ou social na vía pública, espazos de uso público ou espazos privados, a un máximo de seis persoas, excepto no caso de persoas conviventes en que non se aplicará esta limitación e actividades organizadas que terán as súas limitacións de aforo e normas de seguridade propias.

ESTABLECEMENTOS DE HOSTALARÍA, RESTAURACIÓN E OCIO NOCTURNO
1. No interior : 50% do aforo. Non está permitido o consumo na barra. Non estará permitida a instalación de barras para consumo ou servizo nelas a clientes da terraza.
2. Nas terrazas ao aire libre, limitación ao 75 % das mesas.
3. A ocupación máxima será de 6 persoas por mesa ou agrupación de mesas, respectando a distancia mínima de seguridade interpersoal entre elas.
4. Os clientes poden quitar a máscara exclusivamente no momento do consumo.

https://www.boe.es/boe/dias/2020/11/04/pdfs/BOE-A-2020-13494.pdf

Carlos Ces2020-12-21T12:24:00ZBando polo 25 de xullo de 2020, día da PatriaCarlos Ceshttp://concelloderianxo.gal:8080/c/blogs/find_entry?p_l_id=10878&entryId=20610962020-07-25T15:29:46Z2020-07-25T15:25:00Z
Veciños e veciñas, fieis acudimos á chamada das Irmandades da Fala que desde o ano 1920 celebran como data de reivindicación colectiva da Nosa Terra o 25 de xullo como Día da Patria Galega. Cen anos! Cen anos para celebrar e reivindicar pois como dicía o grande Castelao no seu célebre discurso no exilio chamado Alba de Groria estamos na Festa maor de Galiza, a Festa de todol-os galegos e galegas. Un centenario por tanto de demandas colectivas de autogoberno e de amor polo país que somos.

Este está a ser un ano especialmente difícil dominado por un coronavirus, o Covid, 19, que mudou todo. De entrada cunha letalidade que se asañou especialmente cos nosos maiores. Tamén cunha capacidade de infección que modificou hábitos sociais, movementos das persoas, a economía, a educación, o mundo laboral, a sanidade... Todo semella fondamente sinalado pola pandemia.

Mais á vez que se padeceu este episodio crítico tamén vimos como a sociedade galega deu mostras da súa afouteza: individualmente con mostras excepcionais de implicación desde os postos de traballo mantendo o tecido produtivo e de servizos á cidadanía. E socialmente, tecendo redes de solidariedade e apoio diante das dificultades para tentar que ninguén ficase excluído ou desatendido/a.

Parabéns e merecida homenaxe a todas esas persoas desde sanitarios/as, empregados públicos e privados, comerciantes de proximidade que estivestes ao pé dos vosos traballos facéndonos máis doada a vida nestes últimos meses dentro das dificultades do confinamento!

O 25 de xullo de 2020 ficará como unha data na que a festa cedeu espazo para unha vivencia responsábel e segura mais que non debe desmobilizarnos na procura dun país mellor. No camiño á nova normalidade deberemos manter esa ollada ao próximo que estivo ao noso carón, polo mantemento da capacidade produtiva do país perante o desmantelamento de empresas, pola defensa duns servizos públicos que malia os recortes foron quen de saír o paso da doenza. Que non pase que o único que se reforce o final sexa a banca ou a bolsa como aconteceu na crise anterior, co esforzo da xente mais co beneficio duns poucos.

Veciños e veciñas, poñamos bandeiras galegas nos balcóns de Rianxo e teñamos un Feliz 25 de xullo co corazón e a razón na terra, no mar, na nosa cultura e co noso idioma, mentres loitamos por un futuro que desexamos mellor e próspero para o noso país, vencendo o que nos tocou vivir.
Carlos Ces2020-07-25T15:25:00ZBando informativo sobre as fogueiras de San XoánCarlos Ceshttp://concelloderianxo.gal:8080/c/blogs/find_entry?p_l_id=10878&entryId=20056122020-06-11T08:10:29Z2020-06-10T13:06:00Z
Por mor das medidas de contención da COVID-19, non se permiten, este ano, as fogueiras en espazos públicos.
Carlos Ces2020-06-10T13:06:00ZAmpliación de prazo de solicitude do acollemento a local non tarifado para a taxa do lixoCarlos Ceshttp://concelloderianxo.gal:8080/c/blogs/find_entry?p_l_id=10878&entryId=19671812020-05-11T10:21:12Z2020-05-11T10:14:00Z
Amplíase o prazo ata o venres 15 de maio
Carlos Ces2020-05-11T10:14:00ZBando informativo sobre a taxa de lixo para locais comerciais durante a crise da COVID-19Carlos Ceshttp://concelloderianxo.gal:8080/c/blogs/find_entry?p_l_id=10878&entryId=19461742020-05-06T08:54:53Z2020-04-30T15:01:00Z
Os locais comerciais afectados pola crise da COVID-19 poden acollerse a un cambio de tarifa a outra máis vantaxosa durante o segundo cuadrimestre.

MDTL Declaración para a modificacion da tarifa da taxa do lixo a local non tarifado pola COVID-19

Carlos Ces2020-04-30T15:01:00ZBando informativo sobre a xestión de residuos durante a pandemia da COVID-19Carlos Ceshttp://concelloderianxo.gal:8080/c/blogs/find_entry?p_l_id=10878&entryId=18917032020-03-26T10:50:42Z2020-03-24T10:59:00Z

Bando informativo sobre as medidas sanitarias respecto dos residuos que deben tomar os fogares durante a corentena, especialmente de haber algún positivo en COVID-19.

Carlos Ces2020-03-24T10:59:00ZBando informativo sobre as medidas de contención da doenza COVID-19Carlos Ceshttp://concelloderianxo.gal:8080/c/blogs/find_entry?p_l_id=10878&entryId=18790422020-03-13T09:51:34Z2020-03-13T09:45:00Z
O Concello de Rianxo e a Xunta de Portavoces quere comunicar a súa veciñanza que vai tomar medidas de prevención e loita contra a pandemia do Coronavirus COVID-19 que estamos a sufrir.

A partir deste 13 de marzo todas as actividades municipais, deportivas, culturais e de servizos sociais quedan suspendidas durante os vindeiros 15 días, condicionado á evolución da enfermidade. Afectados os seguintes centros municipais: OFICINA DE TURISMO, INSTALACIÓNS DEPORTIVAS (PAVILLÓNS, PISCINA E CAMPOS DE FÚTBOL), AUDITORIO, CENTROS CULTURAIS, LICEO MARÍTIMO, BIBLIOTECA, MERCADILLO E MUSEOS.

Solicitamos a colaboración da veciñanza para que a atención ao publico nas dependencias municipais se limite a casos de extrema necesidade, chamando con anterioridade para concertar a presenza no concello e realización preferente dos trámites a través da sede electrónica municipal, https://sede.concelloderianxo.gal/ ou vía telefónica no 981860075.

Recoméndase por conseguinte a non celebración de actividades das asociacións e entidades do Concello durante os vindeiros 15 días, condicionado á evolución da enfermidade.

O concello pide a veciñanza a solidariedade e comprensión con estas e outras medidas, colabore na loita co virus, atendendo as recomendacións do Ministerio de Saúde, Consellería de Saúde e do Concello de Rianxo, o cal estará en constante comunicación e colaboración co SERGAS. Neste senso lembrar:

Non facer viaxes e desprazamentos que non se consideren imprescindibles, evitando a toda costa a zonas de máxima concentración do virus.

Non visitar centros de maiores, tanatorios, hospitais, centros médicos a excepción de casos de extrema necesidade.

Lavado con frecuencia das mans e cara con auga e xabón, e evite todo contacto físico con outras persoas e aglomeracións de xente.

Sigan as instrucións ditadas polo Ministerio de Sanidade e a Consellería de Sanidade, e no caso de ter algún síntoma contactar co 900 400 116.

O que se fai publico para o seu coñecemento e debido cumprimento

Carlos Ces2020-03-13T09:45:00ZBando polo 25 de xullo de 2019Carlos Ceshttp://concelloderianxo.gal:8080/c/blogs/find_entry?p_l_id=10878&entryId=16135532019-07-24T07:14:10Z2019-07-24T07:11:00Z
Veciños e veciñas, desde hai cen anos as Irmandades da Fala reunidas en Compostela fixaron o 25 de xullo como o Día da Patria Galega, unha xornada que un ano despois virou en festa e reivindicación colectiva da Nosa Terra. Na exposición do Consello da Cultura Galega, que tivemos até hai uns días exposta no Auditorio, vimos como un Castelao exiliado pronuncia nesta data o célebre discurso Alba de Groria en 1948 e onde sinala o 25 e xullo como a Festa maor de Galiza, a Festa de todol-os galegos e galegas.

Castelao lembra un país embandeirado de azul e branco, con músicas, gaitas, pandeiros e foguetes... evocando unha Santa Compaña de inmortaes galegos, figuras relevantes da súa Historia. Entre eles e moitos outros, o noso poeta Manuel Antonio ou Paio Gomes Charinho, Señor de Rianxo.

Unha Santa Compaña que desde o monte o mar percorre todo o país nas noites ao abeiro das árbores frondosas. E hoxe teríano difícil. Vale máis unha terra con árbores nos montes que un estado con ouro nos bancos dicía o propio Castelao. Ano tras ano a nosa riqueza forestal é atacada e con ela, en non poucas ocasións, o lume mesmo ameaza vivendas do noso concello. Asistimos a unha devastación que nos asola do alto da Paradegua a case chegar o mar. Así é que perdemos un dos nosos bens máis prezados: o monte. Alén dos valores económicos da masa forestal é incalculábel a perda do osíxeno rexenerado polas árbores, a biodiversidade que xera e que, apenas cunhas horas de desastre, de desleixo nunha torre de media tensión, botan por terra traballo de comuneiros e particulares e estraga anos de recursos, labores e coidados.

Estamos privando ás novas xeracións deste ouro da terra. Reclamamos unha nova estratexia que desde a prevención e a mudanza das especies a reforestar troque un modelo que non está máis que a producir incendios de xeito cíclico. Debemos deixar montes mellores para quen nos siga. É unha obriga natural.

Veciños e veciñas, penduremos bandeiras galegas nos balcóns de Rianxo e teñamos un Feliz 25 de xullo cargado de símbolos, de elementos de identidade, de reclamación de maior autogoberno, na nosa língua... Mais tamén defendamos ese monte que será o mellor legado para os nosos fillos e fillas. Teñen ese dereito.
Carlos Ces2019-07-24T07:11:00ZBando informativo sobre as obras de acondicionamento e mellora do cemiterio municipalCarlos Ceshttp://concelloderianxo.gal:8080/c/blogs/find_entry?p_l_id=10878&entryId=16017682019-07-12T11:35:23Z2019-07-12T11:28:00Z
O horario de acceso será de 19.00 a 22.00 h mentres non rematen as obras.
Carlos Ces2019-07-12T11:28:00ZBando informativo sobre as fogueiras da noite de San XoánCarlos Ceshttp://concelloderianxo.gal:8080/c/blogs/find_entry?p_l_id=10878&entryId=15469602019-06-05T09:17:06Z2019-06-05T09:13:00Z
Achegándose a NOITE DE SAN XOÁN, animo a todos os rianxeiros e rianxeiras a desfrutar dela, no marco do espírito participativo e comunitario que a caracteriza.

Ao estar fundamentalmente centrada nas fogueiras e cacharelas, (elementos indispensables da festa, pero con certos riscos), establécense as seguintes normas e recomendacións para un axeitado e seguro desenvolvemento desta:

Non se cortarán árbores vivas, nin das súas pólas, para facer as fogueiras.

Non se queimarán pneumáticos, aceites, líquidos inflamables, envases con gases, nin outros recipientes ou obxectos que poidan conducir á explosión do seu contido ou materiais.

As fogueiras situaranse afastadas de vexetación, masas forestais e/ou edificacións, e non poderán situarse en praias ou pavimentos e chans susceptibles de deterioro polo efecto da calor (pedra, superficies pintadas, etc.). No caso de asfalto e cemento só se poderán facer coa protección do chan mediante a colocación dunha chapa de ferro de 2 cm. mínimo de grosor ou con 10 cm. de area.

A organización responsable da fogueira deberá contar cuns medios de extinción, mínimos pero suficientes, para o seu uso inmediato no caso de ser preciso.

Unha vez rematada a festa, a organización deberá deixar libre de calquera resto (cinzas, materiais de combustión, outros restos, etc.) a zona utilizada para o desenvolvemento da fogueira.

Cada fogueira deberá ter unha persoa responsable que deixará os seus datos indentificativos e de contacto (así como información sobre o lugar de desenvolvemento, actividades que se han realizar, etc.) no servizo de información do concello ou chamando ao teléfono 981 860 075.

Para casos de incendio ou outras emerxencias que se produzan na noite da celebración, contactarase coa Policía Local nos teléfonos: 981 860 625 / 609 862 222.

Apelo ao civismo de organizacións e participantes para garantir unha axeitada seguridade e desfrute da veciñanza.
Carlos Ces2019-06-05T09:13:00ZCobramento das taxas do primeiro cuadrimestre do servizo de lixo e IVTM 2019Carlos Ceshttp://concelloderianxo.gal:8080/c/blogs/find_entry?p_l_id=10878&entryId=14555772019-03-11T11:55:30Z2019-03-11T11:51:00Z
Durante o período comprendido entre o 22 de marzo e o 22 de maio do exercicio 2019, de acordo co disposto nos artigos 24 e 68 do vixente Regulamento xeral de recadación, terá lugar a cobranza en período voluntario dos seguintes tributos:

taxa por servizos de recollida de lixo, correspondente ao primeiro cuadrimestre do 2019

imposto sobre vehículos de tracción mecánica, exercicio 2019

Lugar de ingreso: oficinas de Abanca e resto de entidades colaboradoras

Cargos de recibos domiciliados:

imposto sobre vehículos de tracción mecánica 2019: 22 de marzo 2019

taxa recollida de lixo primeiro cuadrimestre 2019: 25 de marzo de 2019

Os documentos de ingreso das liquidacións non domiciliadas en contas de entidades financeiras enviaranse por correo ordinario aos domicilios dos contribuíntes. Este envío non ten carácter de notificación, polo que a non recepción non exime os contribuíntes da súa obriga de ingreso da débeda no prazo sinalado. Se algún contribuínte non recibe no seu domicilio algún dos documentos de ingreso que precisa, poderá solicitalo nas oficinas de Recadación deste Concello.

Esgotado o prazo do período voluntario, os débitos que nel non fosen satisfeitos quedarán incursos automaticamente, primeiro, no recargo executivo do cinco por cento, segundo, no recargo de apremio reducido do dez por cento e terceiro, no recargo ordinario do vinte por cento e xuros de demora, e procederase ao seu cobramento pola vía administrativa de constrinximento, de acordo cos preceptos do mencionado Regulamento xeral de recadación.

Carlos Ces2019-03-11T11:51:00ZConsulta do Censo Electoral para as eleccións xerais do 28 de abrilCarlos Ceshttp://concelloderianxo.gal:8080/c/blogs/find_entry?p_l_id=10878&entryId=14537732019-03-07T14:49:52Z2019-03-07T12:24:00Z
No Boletín Oficial do Estado de data 05 de marzo de 2019, publicouse o Real Decreto 129/2019, de 4 de marzo, de disolución do Congreso dos Deputados e do Senado e de convocatoria de eleccións, que terán lugar o domingo día 28 de Abril de 2019.

En cumprimento da Lei Orgánica 5/1985 do Réxime Electoral Xeral, de 19 de xuño, establécese un servizo de consulta do CENSO ELECTORAL, co obxecto de que calquera persoa poda presentar reclamación administrativa sobre os seus datos censuais.
Prazo: do 11 ao 18 de marzo

De forma presencial:
Lugar: nas oficinas municipais do concello de 9 a 14 horas

De forma teleḿatica (con certificado electrónico, DNIe ou Cl@ve):
Na sede electrónica do INE: https://sede.ine.gob.es/consulta_electoral_elecciones

A consulta do Censo Electoral deberá ser formulada pola persoa interesada, previa identificación cun documento dos habilitados para o acto da votación segundo indica o artigo 85.1 da Lei Electoral: DNI, pasaporte ou permiso de conducir no que apareza fotografía da persoa titular.

As reclamacións que se presenten estarán asinadas, obrigatoriamente, pola persoa interesada, que achegará ao impreso de reclamación unha fotocopia do documento que presente.

Todos os veciños/as, e especialmente quen cumpriron recentemente os 18 anos e os que cambiaron de enderezo nos últimos meses, deberán comprobar o Censo Electoral.

O INE pon á disposición da cidadanía un procedemento polo cal as persoas censadas poden solicitar que os seus datos censuais se exclúan do censo que se envía ás candidaturas políticas aos procesos electorais para o envío de propaganda electoral por correo postal. Este trámite pódese realizar nas oficinas municipais e por vía telemática en https://sede.ine.gob.es/ce_exclusion_copias

Teléfonos de consulta: 901-101-900 / 981 21 74 39 / 981 21 74 26

Carlos Ces2019-03-07T12:24:00ZBando sobre axudas urxentes de tipo social para evitar o corte de subministración eléctrica ás persoas máis vulnerablesCarlos Ceshttp://concelloderianxo.gal:8080/c/blogs/find_entry?p_l_id=10878&entryId=13358152018-07-24T08:43:07Z2018-07-24T08:38:00Z
A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de convocar estas axudas urxentes de
tipo social (AUXS) para evitar o corte do subministro eléctrico e de gas natural ás persoas
economicamente máis vulnerables

REQUISITOS

Ter a consideración de consumidora vulnerable severa segundo o establecido no artigo 3 do Real decreto 897/2017.

Persoas cuxos ingresos totais da unidade de convivencia non superen o IPREM (6.390,13 €/ano).

Ter facturas de electricidade ou gas natural pendentes de pagamento despois da data límite do pagamento, teñan ou non a subministración interrompida.

Ser residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

Ter contratada a tarifa de último recurso (TUR) con aplicación do bono social de consumidora vulnerable severa, para o que deberán cumprir os límites de renda establecidos.

Estar en risco de exclusión social.

Non estar incursa nas prohibicións para obter a condición de persoa beneficiaria, recollidas no artigo 10 da Lei de subvencións.

TIPO DE AXUDA

Os gastos subvencionables serán o 50% do importe das facturas de electricidade ou gas natural correspondente á vivenda habitual da persoa solicitante, que estean pendentes de pagamento na data da solicitude e que foran emitidas antes do 15 de decembro de 2018. O importe máximo é de 250 €/ano, ou de 400 €/ano no caso de familias numerosas.

PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE

Presentación por vía electrónica: https://axudascortes-subministracion.xunta.gal e https://sede.xunta.gal

De maneira presencial en calquera dos lugares establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015.

Nos Servizos Sociais Comunitarios Básicos.

PRAZO DE SOLICITUDE: ata o 17 de decembro de 2018

MÁIS INFORMACIÓN

Páxina web oficial da consellería: http://ceei.xunta.gal

Teléfonos de información: 981 957 024, 981 545 587 e 981 545 574

Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Rianxo (Estrada de Tanxil, 12. Tf.: 981 860 061 / concelloderianxo.gal)

Carlos Ces2018-07-24T08:38:00ZBando polo Día da Patria Galega 2018Carlos Ceshttp://concelloderianxo.gal:8080/c/blogs/find_entry?p_l_id=10878&entryId=13357752018-07-24T08:41:36Z2018-07-24T08:28:00Z
Veciños e veciñas:

Desde 1919 as Irmandades da Fala fixaron o 25 de xullo como Día da Patria Galega polo seu significado de entre todos os días do ano. Desde entón é xornada de festa e reivindicación colectiva na nosa terra. Anos despois, en 1948, desde o exilio en Bos Aires (cúmprense 70 anos), Castelao pronunciou un célebre discurso chamado Alba de Groria para sinalalo como a Festa maor de Galiza, a Festa de todol-os galegos e galegas. Coa saudade e unha mistura de alegría e tristura pola distancia obrigada, di Castelao lembrar "un país embandeirado de azul e branco, con músicas, gaitas, pandeiros e foguetes... evocando unha Santa Compaña de inmortaes galegos, figuras relevantes da súa historia". Tamén fala das infindas luciñas e vagalumes (o pobo) creadoras do idioma, das artes, dos usos e os costumes que son o feito diferencial galego.

Entre estes elementos diferenciais tócanos moi de preto a pesca do xeito, esta centenaria arte de pesca da xouba e sardiña, e nosa, que criamos a salvo tras o primeiro intento de ser eliminada polas autoridades europeas, coa complicidade das de Madrid e a pasividade das de Compostela. A mobilización do sector, máis de catrocentas familias, a maioría de Rianxo, freou a súa desaparición. Máis semella que molesta a pesca artesanal nas rías, molesta a súa sustentabilidade, a escasa pegada de contaminación, o seu escaso impacto no conxunto de capturas da sardiña atlántica... e volven á carga.

Por vez primeira, desde hai 25 anos, suspéndese a festa local que promove esta arte e este produto. E faise cun escrito frío, un “corta e pega” copiado doutros, elaborado nun frío ministerio afastado nas distancias e nos entenderes dos mares do país. Mandan a terra a centos de persoas no mellor momento da campaña, cando se vende a xouba en fresco para unha restauración de quilómetro 0 (esa a pé do produto), ou para o subministro da conserva de calidade.

Nesta data sinalada na que esixir maiores cotas de autogoberno, o xeito é símbolo e concreción da demanda de sermos cada vez máis donos e donas do noso futuro. Por supervivencia. É por iso que o sector demanda que o goberno galego faga súa a loita, estea á fronte e asuma o control dos seus mares interiores. E que nos protexa tamén de agresións medioambientais de grupos mineiros foráneos que augas arriba do río Ulla tentan ameazar as ribeiras e a ría que concentra o 80 por cento das bateas do país. Desde a ría de Arousa e desde Rianxo, demandamos a firmeza e a vontade de defender o noso, aquí e onde faga falta.

Veciñas e veciños, penduremos bandeiras galegas nos balcóns de Rianxo e teñamos un feliz 25 de xullo co corazón e a razón na terra, no mar, nos símbolos, nos elementos de identidade... Mais tamén defendamos os sectores produtivos cos ollos postos nun futuro que desexamos mellor e próspero para o noso país.

Carlos Ces2018-07-24T08:28:00Z