Normalización LingüísticaNormalización Lingüísticahttp://concelloderianxo.gal:8080/c/blogs/find_entry?p_l_id=131202024-03-28T23:08:31Z2024-03-28T23:08:31ZCertame artístico "Cousas", convocado polo IES Félix Muriel de RianxoCarlos Ceshttp://concelloderianxo.gal:8080/c/blogs/find_entry?p_l_id=13120&entryId=40118352024-02-22T13:03:24Z2024-02-22T13:00:00Z
Castelao foi un creador que deixou a súa pegada persoal en moitos ámbitos; mais seguramente foi a narrativa o xénero no que a súa orixinalidade ficou máis explícita coa invención das "cousas". En 1924 comezou a publicar Cousas da vida nas portadas de Galicia e Faro de Vigo. Tratábase dunha serie de debuxos cun breve texto ao pé. Posteriormente, ese texto foi medrando até se converter nun microrrelato ou nun relato curto que unhas veces acentuaba os elementos dramáticos e outras veces o lirismo. O rianxeiro deu á prensa da época esas breves narracións híbridas que ilustrou cun debuxo e que, en 1926 e 1929 publicou no libro Cousas. As "cousas" permitíronlle a Castelao retratar as condicións socioeconómicas do pobo galego e denunciar a realidade dos máis marxinados, acompañándose do humorismo que oculta unha gran dor. A obra tal e como hoxe a coñecemos é unha reedición da recompilación das 44 cousas publicadas pola editorial Nós en 1934.
O IES Félix Muriel de Rianxo quere homenaxear a figura deste humanista entregado á causa galega e escolleu este orixinal xénero seu para crear un certame artístico, que necesariamente ha de ser literario mais tamén plástico, pois así son as "cousas".
O Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega e o Equipo da Biblioteca serán os encargados de dinamizar e difundir o certame, ademais de buscar persoas ou entidades dispostas a soster economicamente este premio.
O Departamento de Lingua Galega será o encargado de levar ás aulas o estímulo necesario para que o alumnado se sinta motivado a participar no certame, aplicando a educación literaria á propia vida e propiciando unha aprendizaxe significativa da literatura galega.
O grupo de traballo Ekos, formado por alumnas e alumnos de segundo de bacharaleto é o responsable das bases, deseño e presentación desta primeira convocatoria do certame.
Carlos Ces2024-02-22T13:00:00ZAs miñas 25 primeiras palabras: álbum de agasallo á crianza con ApegoCarlos Ceshttp://concelloderianxo.gal:8080/c/blogs/find_entry?p_l_id=13120&entryId=27241502021-10-19T12:44:44Z2021-10-19T12:39:00Z
O Concello de Rianxo publica este álbum das primeiras 25 palabras como parte do material que acompañe a crianza con Apego, co fin de ter recollidas as primeiras palabras que exprese a nosa crianza para crear un vínculo emotivo coa súa lingua no futuro e así promover o seu uso.
A Concellería de Educación e Normalización Lingüística e a Concellería de Benestar, Igualdade e Diversidade promoven esta publicación como unha achega máis para as mais de 150 familias que conforman a Comunidade do Apego en Rianxo.
Descarga do libro (pdf)
Carlos Ces2021-10-19T12:39:00ZRianxo sinaliza a súa primeira Ruta do Apego interactivaDavid Cobashttp://concelloderianxo.gal:8080/c/blogs/find_entry?p_l_id=13120&entryId=26064042021-08-11T12:39:21Z2021-08-11T12:31:00Z
O Concello de Rianxo inaugura a súa primeira Ruta do Apego sinalizada e interactiva. Esta ruta, ideada pola Asociación Avoar en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística do concello rianxeiro, procura crear un espazo de lecer nun contorno natural para o desfrute libre das crianzas e as súas familias. A ruta conta con 10 puntos informativos onde, a través dunha serie de códigos QR, as persoas que se animen a percorrela accederán a contidos educativos sobre os recursos naturais e patrimoniais de Rianxo: fragas, bosques de ribeira, muíños... Toda esta información se acompaña dunha serie de audios que conteñen cancións, lendas, contos e xogos. O que se busca é que as familias realicen unha ruta activa de sendeirismo coas crianzas á vez que aprenden, practican a lingua galega e se divirten.
Traballo colaborativo
Os contidos da ruta poden consultarse previamente na páxina web que elaborou o concello:
https://rutadoapego.rianxo.gal/
Esta recolle a información necesaria para facer a ruta con garantías: como chegar, onde aparcar, recomendacións xerais…, así como os contidos aos que se accede a través dos códigos QR dispostos nos diferentes puntos sinalizados da ruta. Ademais, a páxina web conta cun videoxogo da Ruta do Apego de Rianxo, onde o polbo Po, mascota do Programa Apego, percorre o río Te e se atopa con moitos amigos curiosos. Na elaboración dos contidos, a Asociación Avoar contou coa colaboración musical de José Luis do Pico Orjais, coa voz de Xesús Santos e co testemuño de Manuel Deira, último habitante do muíño de Francuín.
Na elaboración da Ruta do Apego implicáronse directamente as concellerías de Educación e Normalización e a de Benestar, Igualdade e Diversidade do Concello de Rianxo. Adelina Ces e Hadriana Ordóñez, responsables destas áreas, destacaron a transversalidade do proxecto, xa que combina educación, coidados, ecoloxía, promoción económica e turismo.
Proposta que conxuga lecer coa promoción dos recursos locais
A Ruta do Apego de Rianxo procura, deste xeito, animar o turismo familiar no municipio. De aí que unha das seccións da web recolla todas aquelas actividades que se poden realizar con crianzas en Rianxo. Coa colaboración do Servizo de Turismo seleccionáronse lugares para visitar, para ficar a durmir, para comer, para comprar xoguetes, libros…, todo coa idea de gozar dunha experiencia agradable coas crianzas neste concello. Con isto, a actividade vincúlase ao Programa de dinamización lingüística no tecido socioeconómico En Rianxo, ao noso xeito, en que participan máis de 50 empresas de Rianxo.
Programa Apego
O Programa Apego de Rianxo desenvólvese desde a Concellería de Benestar, Igualdade e Diversidade do concello rianxeiro en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística, que nesta temporada pandémica viuse obrigado a cancelar as actividades do Espazo Familiar, onde o encontro e a interacción entre crianzas e persoas coidadoras era o eixe vertebrador de toda a súa acción dinamizadora. Co fin de seguir ofrecendo experiencias interesantes e, sobre todo, seguras desde o punto de vista da saúde, creouse esta Ruta do Apego de Rianxo sinalizada e interactiva. Logo de meses en que o espazo familiar se reduciu ás propias casas, a creación de espazos abertos e naturais de convivencia familiar considerouse unha prioridade por parte do Proxecto Apego rianxeiro.
O Bosque do Apego de Rianxo
Actividade complementaria á Ruta do Apego é a creación do Bosque do Apego de Rianxo. Nas marxes do río Te, a carón do percorrido do sendeiro desta ruta, xa se atopan algunhas parcelas repoboadas con frondosas grazas á implicación da comunidade escolar de Rianxo. A partir de agora, cada unha das crianzas que se inscriba no Programa Apego rianxeiro terá a súa árbore propia neste espazo. Con isto, preténdese trasladar a idea de que o futuro das nosas fillas estará ligado á conservación axeitada dos nosos espazos naturais.
David Cobas2021-08-11T12:31:00ZYoutubeiras 2021 centrarase na difusión e na formación en liñaDavid Cobashttp://concelloderianxo.gal:8080/c/blogs/find_entry?p_l_id=13120&entryId=25334922021-06-30T07:32:42Z2021-06-30T07:21:00Z
Os Premios Youtubeiras, organizados polos servizos de normalización lingüística de dez concellos, entre eles o de Rianxo, das tres universidades e da Deputación da Coruña, lanzan a súa quinta edición cos obxectivos de fomentar a creación e mantemento de canles en Youtube, así como de afondar na formación técnica para as persoas creadoras de contidos en lingua galega na Rede.
Baixo o lema Magnetismo en liña, a iniciativa volverá repartir un total de 7.500 euros en premios nas doce categorías nas que se divide o certame. O concurso estará aberto a todas as persoas maiores de 14 anos con canles de Youtube en galego, autoproducidas e que teñan polo menos cinco vídeos publicados con data posterior ao 23 de outubro de 2020. O prazo de inscrición abrirase o 10 de setembro e as bases deste ano pódense consultar xa na web www.youtubeiras.gal
Os Premios Youtubeiras, que teñen como finalidade ser acicate da creación en Youtube con temáticas e formatos diversos, así como promover e visibilizar as/os youtubeiras/os en galego, ofrecerán unha serie de sesións formativas para procurar a mellora da calidade técnica dos vídeos, por unha banda, e, pola outra, para dotar as persoas creadoras de ferramentas globais para a súa actividade. Deste xeito, a formación será nesta quinta edición máis especializada que en anos anteriores.
Primar as canles
Nesta quinta edición dos Premios Youtubeiras, a organización quere fomentar a creación e o mantemento de canles, polo que neste 2021 só se poderán presentar canles e non vídeos illados como en anos anteriores. Esa será a gran novidade nas bases destes V Premios Youtubeiras que, por segundo ano consecutivo, se dividen en 12 categorías: canle, vídeo, youtubeir@, calidade lingüística, impacto, calidade técnica, comunicación, creatividade, musical, didáctico, pioneiro e premio do público. Os tres primeiros acompañaranse cunha dotación económica de 1.000 euros, mentres que os nove restantes chegarán aos 500 euros.
Un xurado profesional escollerá as propostas premiadas, agás no caso do premio do público. Neste apartado, os/as seguidores/as serán quen propoñan os seus vídeos preferidos para concorrer neste apartado. As suxestións poderanse facer só a través do formulario habilitado na páxina web do Proxecto Youtubeir@s, cumprirán cos mesmos requirimentos das bases xerais e realizaranse antes do 22 de outubro de 2021.
David Cobas2021-06-30T07:21:00ZObradoiro de regueifa para adultos, con Lupe BlancoDavid Cobashttp://concelloderianxo.gal:8080/c/blogs/find_entry?p_l_id=13120&entryId=24547452021-05-07T08:26:13Z2021-05-07T08:12:00Z
Obradoiro de regueifa para adultos con Lupe Blanco
Queres saber de que vai isto da regueifa? Lembras se en Rianxo se regueifaba?
Se queres aprender a regueifar, coñecer un pouco da historia deste xeito de cantar improvisando, das modalidades semellantes que existen noutros lugares... este é o teu obradoiro.
Día: sábado, 22 de maio
Hora: 11.00 h
Lugar: Liceo marítimo rianxeiro
Para inscribirse: enviar correo electrónico a normalizacion@concelloderianxo.gal ou chamar ao número de teléfono: 881 988 798
Prazas limitadas
David Cobas2021-05-07T08:12:00ZCamiñando entre mulleres 2021: Lara TorresDavid Cobashttp://concelloderianxo.gal:8080/c/blogs/find_entry?p_l_id=13120&entryId=24429052021-04-28T08:15:43Z2021-04-28T08:10:00Z
Mañá, de 10:00 a 12:00 h, nova sesión do ciclo Camiñando entre mulleres, organizado polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Félix Muriel e co que colabora o SNL do Concello de Rianxo.
Lara Torres é técnica superior en Ilustración pola EASD Pablo Picasso e graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo.
Ilustradora, muralista, docente... falaralle ao alumnado do IES Félix Muriel do seu percorrido vital e profesional, técnicas, influencias... Tamén procurará transmitir a importancia da lingua no proceso creativo e reivindicará o papel das mulleres no mundo das artes.
David Cobas2021-04-28T08:10:00ZCamiñando entre mulleres 2021David Cobashttp://concelloderianxo.gal:8080/c/blogs/find_entry?p_l_id=13120&entryId=24088992021-04-05T06:56:46Z2021-04-05T06:35:00Z
O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Félix Muriel de Rianxo e o Servizo de Normalización Lingüística do Concello, volven a colaborar na organización do ciclo de relatorios Camiñando entre mulleres, unha actividade educativa que procura achegarlle ao alumnado do centro educativo referentes femininas que destacan no seu ámbito profesional empregando a lingua galega: operarias, investigadoras, escritoras, muralistas...
Este ano participan no ciclo María Xesús Lama, Nerea Vázquez, Lupe Blanco, Helena González, Lara Torres e Alba Cid.
Quenda de Alba Cid
Mañá martes, día 6, o alumnado do IES Félix Muriel recibirá a visita da poeta ourensá Alba Cid. Gañadora do Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández no ano 2020, polo seu poemario Atlas, está considerada como unha das escritoras máis prometedoras do noso panorama literario. "Poemas para enfiar unha nova cartografía" será o nome do obradoiro que impartirá, dirixido concretamente ao alumnado de 1º de Bacharelato.
David Cobas2021-04-05T06:35:00ZComeza o Enreguéifate 2021!!David Cobashttp://concelloderianxo.gal:8080/c/blogs/find_entry?p_l_id=13120&entryId=23963472021-03-26T09:20:14Z2021-03-26T08:41:00Z
Como cada ano por estas datas (e xa hai cinco!), o certame Enreguéifate comeza a súa andaina á procura de estudantes e público en xeral que se apunte á práctica da arte da improvisación oral coa regueifa en lingua galega.
Enreguéifate é un proxecto impulsado polos concellos de Ames, Pontevedra, Santiago de Compostela, Teo e Rianxo que apoia a difusión da improvisación oral en verso (regueifa) para contribuír, por medio dela, á promoción do uso da lingua galega. Neste camiño, Enreguéifate súmase ao labor que xa veñen realizando diversas entidades públicas e privadas, así como moitas persoas do ámbito cultural e do ensino.
O obxectivo principal deste proxecto é que a cidadanía entre en contacto coa improvisación oral en verso a través da experiencia de regueifar, nomeadamente no ámbito escolar. Por iso, inclúe accións formativas para alumnado e profesorado, un certame regueifeiro e un encontro anual de regueifa.
O prazo de participación estará aberto desde o 29 de marzo ata o 28 de maio de 2021 e a inscrición poderá facerse desde a páxina web do certame, onde tamén están xa dispoñibles as bases: www.enregueifate.gal
Como cada ano, haberá dúas categorías: Xeral e escolar. E seis premios en cada unha destas: Regueifa máis brava, máis aguda, máis diversa, máis reivindicativa, mellor cantada e mellor falada.
En Rianxo
No noso concello, o programa desenvolverase coa impartición, por parte da regueifeira Lupe Blanco, de catro obradoiros de regueifa nos centros de ensino. O 12 de abril, a regueifa fará parada no CEIP Castelao e no IES Félix Muriel. O 22 de abril será a quenda do CEP Brea Segade de Taragoña e do CEIP Ana Mª Diéguez de Asados.
A idea é que unha vez desenvoltos os obradoiros, o alumnado, axudado polo seu profesorado, participe no certame enviando as súas propias regueifas, que neste caso poderían ter unha dimensión interparroquial, característica habitual da regueifa tradicional.
Premio 1000 Primaveras
Ademais, o Enreguéifate bota a andar este ano ao mesmo tempo que se coñeceu o fallo dos Premio Mil Primaveras 2020 que outorga a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) para recoñecer e difundir accións, campañas, programas e proxectos que procuren pór en valor e fomentar a lingua e incrementar o seu uso e prestixio.
Con eles a CTNL pretende valorar e proxectar o gran labor que se desenvolve no ámbito da normalización lingüística, dar visibilidade a proxectos positivos e seleccionar boas prácticas que poidan servir como modelo e inspiración para mellorar o traballo en normalización da lingua.
Enreguéifate levou o premio ao mellor proxecto estabilizado.
David Cobas2021-03-26T08:41:00ZUnha figueira da Casa de Rosalía para o Pazo de RianxiñoDavid Cobashttp://concelloderianxo.gal:8080/c/blogs/find_entry?p_l_id=13120&entryId=23690202021-03-22T09:39:32Z2021-03-22T09:32:00Z
O pasado sábado 20 de marzo o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, plantaron unha figueira procedente da Casa Rosalía no Pazo de Rianxiño. Con este simbólico acto, ratificouse a sinatura do convenio de mecenado que o concello rianxeiro fixo efectivo en Padrón o mes pasado. Rianxo convértese así no noveno concello amigo da Casa de Rosalía, unha casa que é a de todas as galegas e galegos.
En virtude do convenio anual asinado entre o Concello de Rianxo e a Fundación Rosalía de Castro, polo que a entidade local achega 1.000 €, tanto os escolares do municipio como as asociacións culturais poderán ter visitas guiadas de balde á Casa de Rosalía. En tempos de COVID-19, a veciñanza de Rianxo poderá visitar o museo de xeito gratuíto.
Nos últimos anos estase a promover un proceso de subscrición popular para implicar a empresas, entidades públicas e persoas individuais na mellora e no sostemento da causa común da Casa da Matanza, “que é a causa común de Galicia”, en palabras do seu presidente, Anxo Angueira. Centos de persoas de todo o país -e máis alá- xa se converteron en Amigas da Casa de Rosalía ao apoiar desde 20 euros ao ano a independencia económica e cultural desta institución, así como a súa sustentabilidade financeira. Un obxectivo que apoia o Concello de Rianxo, comprometido co patrimonio cultural propio e tamén co da irmandada vila de Padrón, e que se constitúe neste caso tras as pegadas dunha das figuras máis senlleiras da nosa historia literaria.
David Cobas2021-03-22T09:32:00ZApertura do prazo de inscrición nas probas para obter o Certificado de Lingua Galega (Celga) 2021David Cobashttp://concelloderianxo.gal:8080/c/blogs/find_entry?p_l_id=13120&entryId=23639082021-03-18T09:37:27Z2021-03-18T09:21:00Z
Prazo de inscrición: do 18 de marzo ao 12 de abril de 2021.
Modo de inscrición: telemático preferentemente, mais tamén se pode facer presencial.
Lugar de inscrición: premendo aquí.
As persoas que desexen inscribirse nas probas para a obtención dos Certificados en Lingua Galega (Celga) deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C. As persoas interesadas deberán indicar nel a proba ou as probas ás que solicitan presentarse, así como a localidade, e dirixilo á Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Taxa de inscrición: 16,59 € (agás persoas exentas).
Máis información:
SNL Concello de Rianxo: 881 988 798
Xunta de Galicia: 881 996 313
David Cobas2021-03-18T09:21:00ZConversa en liña polo 8M con Jorge García Marín: Papá, por que non pintas as unllas de cores?David Cobashttp://concelloderianxo.gal:8080/c/blogs/find_entry?p_l_id=13120&entryId=23510142021-03-08T12:20:53Z2021-03-08T11:56:00Z
O pasado 25N anulouse, por mor da situación de emerxencia sanitaria provocada pola COVID-19, unha das actividades previstas da Escola de Familias 2020, a presentación do libro Papá, por que non pintas as unllas de cores? do sociólogo da USC Jorge García Marín.
Nesta obra reflexiónase sobre a necesidade de deconstruír a educación dos homes desde unha nova perspectiva, feminista e integradora. Trátase dun libro sobre as novas masculinidades que temos que empezar, entre todas e todos, a construír co fin de conseguir un mundo máis igual e, sobre todo, homes e mulleres máis felices. Desde a educación formal, os videoxogos, a literatura, os medios de comunicación.... desde mil ámbitos constrúense homes tradicionais para unha sociedade que debe deixar de ser tradicional. O século actual e os que han vir precisan un novo tipo de masculinidade. Pensar sobre isto é xa un xeito de avanzar.
Jorge García Marín prestouse para conversar coa concelleira de Benestar do Concello de Rianxo, Hadriana Ordóñez, sobre esta cuestión e decidimos compartila co fin de que as persoas que estaban interesadas en participar na actividade poidan escoitar algúns dos argumentos que os/as especialistas manexan para mudar o paradigma educativo dos nenos na actualidade. Unha charla ben interesante para un día especial, o 8M, que non debe deixar de reivindicarse co fin de conseguir unha sociedade igualitaria.
O vindeiro 24 de febreiro conmemórase o día da nosa gran poeta nacional, Rosalía de Castro. Todos os anos, o Concello de Rianxo adoita realizarlle unha homenaxe pública nas rúas e prazas da vila, mais este ano a emerxencia sanitaria provocada pola COVID-19 impídenos celebrar actos nos que participe xente.
Así, nesta ocasión, recomendamos que o vindeiro día 24, escollades a seguinte lista de reprodución de vídeos do YouTube onde diferentes artistas interpretan os poemas de Rosalía de Castro: máis de 40 artistas, máis de tres horas de música onde están presentes practicamente todos os estilos musicais posibles: rock, rap, trap, jazz, heavy, cantautor@s... desde Amancio Prada ata Joan Baez, pasando por Aid, Abe Rábade, Uxía, Guadi Galego, Son Trío, Astarot, Luz Casal e incluso algunhas rianxeiras: Aida Saco, Carapaus...
https://youtube.com/playlist?list=PLh5xocokVD9CbJE90F5mLlfX2SRXvHdWs
Ademais desta homenaxe que podemos renderlle a Rosalía sen saír da casa, o Concello de Rianxo colaborará co Equipo de Dinamización Lingüística do IES Félix Muriel coa edición dun caderno onde se recompilan diferentes textos da escritora padronesa e que o alumnado e profesorado do centro empregará para facer unha lectura confinada o propio día 24. Ademais, dentro do ciclo Camiñando entre mulleres, programa de dinamización lingüística organizado conxuntamente entre o instituto rianxeiro e o Servizo de Normalización Lingüística do Concello que pretende visibilizar o traballo de mulleres destacadas que empregan de forma habitual a nosa lingua, o alumnado poderá escoitar vía teleconferencia á profesora da Universidade de Barcelona, María Xesús Lama, premio nacional de ensaio grazas ao seu estudo Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863), editado por Galaxia en 2017.
Outras homenaxes: ao redor de todo o país distintas entidades, asociacións, centros de ensino etc., celebrarán a figura de Rosalía, mais entre todas elas debemos destacar a organizada pola Fundación Casa Rosalía de Castro, que nos anima a cociñar o Caldo de Gloria na casa e unirse á Alborada á Rosalía:
https://rosalia.gal/que-facemos/axenda/dia-de-rosalia-2021/
David Cobas2021-02-22T11:36:00ZConvocatoria de cursos Celga presenciais e en liña da Xunta de GaliciaDavid Cobashttp://concelloderianxo.gal:8080/c/blogs/find_entry?p_l_id=13120&entryId=23084782021-02-03T09:34:25Z2021-02-03T08:58:00Z
A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca os cursos Celga do ano 2021. Poderán realizarse na súa modalidade en liña (Celga 1, 2, 3, 4) ou presencial (3,4). Estes últimos só se poderán cursar nas principais cidades de Galiza.
Os cursos, que se desenvolverán entre os días 15 de marzo e o 6 de maio, son gratuítos e serven para preparar as probas Celga, que adoitan ter lugar entre os meses de maio e xuño. A superación das probas é o que acredita o coñecemento da lingua galega.
Prazo de inscrición: do 4 ao 24 de febreiro de 2021
Para os cursos en liña a inscrición debe realizarse a través de medios electrónicos na través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Código de procedemento: PL600A
Convocatoria completa, con información sobre os requisitos preciso para realizar os cursos, aquí.
Podes consultar as dúbidas da convocatoria en:
SXPL Xunta de Galicia: 881 996 313 /881 996 310 / 881 996 308 sxpl.probascelga@xunta.gal
SNL Concello de Rianxo: 881 988 798 normalizacion@concelloderianxo.gal
David Cobas2021-02-03T08:58:00ZSuspensión do espectáculo dos Apalpadoriños polas rúas de RianxoDavid Cobashttp://concelloderianxo.gal:8080/c/blogs/find_entry?p_l_id=13120&entryId=22570442020-12-23T14:03:45Z2020-12-23T13:56:00Z
Suspéndese, polo momento, a actividade prevista para o vindeiro día 26 de decembro, Apalpadoriños polas rúas de Rianxo.
Proposta que se retomará durante o período festivo no caso de que a situación sanitaria o permita.
David Cobas2020-12-23T13:56:00ZO Concello de Rianxo e o CEP Brea Segade de Taragoña presentan o libro Cancioneiro escolar urxente de RianxoDavid Cobashttp://concelloderianxo.gal:8080/c/blogs/find_entry?p_l_id=13120&entryId=22487302020-12-17T12:38:21Z2020-12-17T12:35:00Z
O vindeiro luns, 21 de decembro, ás 11.30, no CEP Brea Segade de Taragoña, o Concello de Rianxo e o propio centro escolar presentarán o libro titulado Cancioneiro escolar urxente de Rianxo, unha obra que nace coa vontade de recuperar o patrimonio cultural, musical e lingüístico da vila, xa que nel se recollen cantigas, partituras e historias de moitas composicións rianxeiras que, ou ben non estaban recollidas documentalmente en ningún lado, ou o acceso a estas non resultaba moi doado.
Prosas de Reis, cantigas de Entroido, cantos dos maios, cantigas infantís e arrolos, cancións emblemáticas como a Ondiñas da nosa ría orixinal ou o Paxaro pinto, ritmos bailables, fiadas e seráns, pregarias e esconxuros ou mesmo algunha cantiga de corte social vai ser o que se atope quen decida indagar no contido desta tan interesante como necesaria obra.
O volume, coordinado polo docente e investigador musical José Luís do Pico Orjais, pretende servir á vez de guía e de ferramenta de traballo para que os diferentes axentes municipais implicados na divulgación do patrimonio musical e cultural de Rianxo o poidan empregar nas súas aulas e sesións. Profesorado de música dos centros de ensino, asociacións culturais e musicais do concello, a Escola de Música, a Aula musical da UNED Senior, etc., han ser algúns dos receptores desta obra que vai resultar moi útil desde o punto de vista cultural, social e académico.
Para a cidadanía en xeral, o volume vai a estar á súa disposición a través da Biblioteca Municipal e das bibliotecas escolares, aínda que tamén se poderá descargar desde a páxina web do Concello de Rianxo.
Os contidos do libro estarán ademais, vinculados a outros de tipoloxía dixital que o colexio CEP Brea Segade e o Concello de Rianxo porán a disposición de quen os desexe empregar: unidades didácticas, actividades escolares, audios e vídeos coas interpretacións das cantigas, etc.
Na presentación do luns 21 de decembro participarán a directora do colexio, Alma Caamaño Romero, o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños Sánchez e o coordinador da obra, José Luís do Pico Orjais. Posteriormente, o alumnado do CEP Brea Segade interpretará algunha das cantigas recollidas no volume. A asistencia ao acto, por mor das medidas derivadas da alerta sanitaria, estará limitada a aquelas persoas que dalgún xeito están vinculadas ao proxecto.
O proxecto de edición desta obra foi impulsado conxuntamente polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Rianxo e a comunidade escolar do CEP Brea Segade de Taragoña.
David Cobas2020-12-17T12:35:00ZO disfrace de Urrupinca Carmirola, conto-obradoiro de Lorena Conde, na Escola de Familias de NadalDavid Cobashttp://concelloderianxo.gal:8080/c/blogs/find_entry?p_l_id=13120&entryId=22471352020-12-22T12:42:30Z2020-12-16T10:02:00Z
A primeira mañá do Nadal, no Auditorio de Rianxo, a escritora, actriz e contadora Lorena Conde contaranos un conto á vez que nos fará traballar un pouco coas mans... Anímaste a compartir con nós a historia do Disfrace da Urrupinca Carmirola?
Día: mércores, 23 de decembro
Hora: 12:00
Lugar: Auditorio de Rianxo
Idades recomendadas: de 3 a 7 anos
Á raposa Chiruca encántalle disfrazarse e a súa avoa sempre a axuda a facer os disfraces máis orixinais. Desta vez Chiruca decidiu disfrazarse de urrupinca carmirola. Mais é complicado de facer porque o disfrace leva moitas cousas que a raposiña non ten.
Por iso se bota a andar á procura deses elementos que non poden faltar no disfrace da urrupinca. Para conseguilos, Chiruca ha ter que pedir axuda a moitos animais (algúns máis amigables ca outros, todo hai que dicilo).
Inscricións: Enviando correo a normalizacion@concelloderianxo.gal ou chamando ao teléfono: 881 988 798
É preciso indicar nomes completos dos asistentes, se son conviventes e un número de teléfono de contacto.
Prazas limitadas
David Cobas2020-12-16T10:02:00ZOs Premios Youtubeir@s entregan os galardóns dunha cuarta edición marcada pola consolidación ao duplicar a participación de vídeos e creadorasDavid Cobashttp://concelloderianxo.gal:8080/c/blogs/find_entry?p_l_id=13120&entryId=22394422020-12-10T08:40:03Z2020-12-10T08:35:00Z
Youtubeir@s é unha iniciativa organizada polos servizos de normalización lingüística dos concellos da Baña, Ames, O Grove, Moaña, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Rianxo, Santiago e Teo, das universidades da Coruña, Santiago e Vigo e da Deputación da Coruña.
Os IV Premios Youtubeir@s xa teñen gañadoras e gañadores. Neste 2020, no que se rexistrou a máxima participación ao pasar de 240 vídeos inscritos en 2019 a un total de 536, a gala de entrega está a ser substituída -debido a situación sanitaria- pola emisión dunha serie de entrevistas con finalistas e gañadoras conducidas por Lucía Aldao e María Lado. Se a semana pasada puidemos escoitar a diferentes finalistas, nos vindeiros días emitiranse tamén por Youtube as conversas coas propostas gañadoras dos premios principais deste certame, que concede un total de doce galardóns. O xurado, conformado por Matías Tarrío, Mabel Montes, Rosa Moreiras, Xoana e Brais Romero, tomou xa a súa decisión, que a organización de Youtubeiras@, conformado polos servizos de normalización lingüística dos concellos da Baña, Ames, O Grove, Moaña, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Rianxo, Santiago e Teo, das universidades da Coruña, Santiago e Vigo e da Deputación da Coruña, fai pública a continuación:
1. O Premio á Mellor Canle é para a canle ‘pradorua’. O xurado decidiuno así pola súa oferta de “contidos variados, orixinais e de calidade” que proporciona “a ollada dunha muller nova cun enfoque moi actual”
2. O Premio Youtubeir@ é para ‘olaxonmario‘, de quen o xurado destaca o labor que desenvolve en galego no Youtube, sendo de “grande impacto” ao “non pasar desapercibido en canto a novidoso e orixinal”.
3. O Premio ao Mellor Vídeo é para ‘O cabalo de Alberte Merlo’, que para o xurado significa unha “mestura da historia da literatura galega e os conflitos lingüísticos de Galicia” chea de “enxeño e retranca”.
4. O Premio á Calidade Lingüística recoñece o vídeo ‘As patacas do Paraíso’, de Cativos na Cociña. O xurado ve nesta proposta “un uso coidado da lingua” e “unha riqueza lingüística que reflicte, especialmente no ámbito fonético e lexical, un rexistro coloquial dentro dunha variante dialectal”, o cal lle dá un “plus de calidade, de frescura e de proximidade” á produción.
5. O Premio Impacto é para o vídeo ‘Xogando con Ana Pontón aos Sims’, do youtubeiro Aquel-e en colaboración con Olaxonmario, no cal entrevistan a canditada do BNG á presidencia da Xunta nas últimas eleccións xerais. Para o xurado, o vídeo representa “unha maneira orixinal e eficaz de achegar a política aos máis novos usando outro tipo de canles e linguaxes diferentes ás tradicionais”.
6. O Premio á Calidade Técnica é para ‘Os vinte de XX. Capítulo II. As Irmandades da Fala’, vídeo de Antón Varela. O xurado destacou desta proposta que se trata “dunha mostra representativa da serie ‘Os vinte dos XX’, que ofrece unha panorámica galega polos anos vinte do século XX cunha excelente calidade técnica, sobre todo no referido á edición e ao traballo gráfico”.
7. O Premio Comunicación recaeu en ‘Un rapá transquilo’, canle de Éric Dopazo. O xurado destaca a “absoluta solvencia, naturalidade, desdramatización e mesmo tirando do humor” ao relatar en primeira persoa unha realidade tan complexa como é o proceso de tránsito de xénero.
8. O Premio Creatividade pon en valor a canle ‘O Son das Ideas’, de Darío Lago. O xurado subliña a capacidade de trasladar a explicación de complexas leis físicas ao ámbito do cotián e aplaude “o emprego de recursos tecnolóxicos de xeito divertido e ameno”. Ademais, por se quedasen prexuízos, esta canle “promove o galego como lingua perfectamente válida para a divulgación científica”.
9. O Premio ao mellor vídeo musical é para ‘Lume’, de FØ Records, unha produción moderna cun tema propio que, a ollos do xurado, “actualiza a música galega a ritmo de trap”.
10. O Premio Didáctico recoñece o traballo de ‘Naturiza’, canle de Diego Ferraz que, para o xurado, “achega dun xeito ameno, claro e entretido contido científico relacionado co medio natural”.
11. O Premio Pioneiro recoñece a canle ‘Cousas rarismASMR’, de Helena Antía López. Para o xurado, a canle leva “o noso idioma e, con el, a comunidade Youtube en galego, a terreos moi pouco explorados, pero facéndoo con gran calidade e xeito”.
12. Por último, o Premio do Público, votado virtualmente polo público de Youtube, recaeu en ‘Apps para docentes, de Titoriais para profesorado de Galicia’, de Pablo Rodríguez Vila.
Os tres primeiros premios (Canle, Youtubeir@s e Vídeo) contan cunha dotación económica de 1.000 euros, mentres que os demais galardóns ascenden a 500 euros. En total, os IV Premios Youtubeir@s repartiron 7.500 euros.
Os datos dos IV Premios Youtubeir@s
Neste 2020, os Premios Youtubei@s experimentaron un notable crecemento no número de inscricións: un total de 536 vídeos fronte aos 240 vídeos que se rexistraran na edición de 2019. Estes vídeos son obra de 113 creadores/as, dos cales o 45% son persoas nacidas na década de 1990, mentres que un 18% corresponden xa aos nacidos entre o ano 2000 e 2006 (a idade de participación mínima era de 14 anos). En canto á orixe dos/as participantes, cómpre destacar que a maioría proceden de núcleos de menos de 10.000 habitantes, seguidos por concellos de entre 10.000 e 50.000 habitantes.
Dende a organización dos Premios Youtubeir@s a súa coordinadora Mónica Fernández Valencia destaca “o gran incremento de participantes rexistrado neste anómalo 2020”, no que tamén aumentou “a variedade temática de contidos” e acabou por se notar “ tamén un refinamento na calidade técnica xeral”. Por outra banda, Fernández Valencia subliña que nestes anos os Premios Youtubeir@s serviron como punto de encontro e de estruturación para a incipiente comunidade creadora na nosa lingua en Youtube, que cada vez está máis “diversificada” e con maior conexión con outras plataformas creativas e dixitais. “Os obxectivos que nos marcamos con lemas como crear comunidade ou expandir a rede estanse a conseguir grazas ao labor e á evolución dos/as creadores/as que, ano tras ano, participan neste certame”, conclúe a coordinadora de Youtubeir@, antes de engadir o seu agradecemento ao xurado “polo gran labor desenvolvido nun ano especialmente difícil” pola situación xeral, pola ampliación de premios e polo aumento de participantes.
David Cobas2020-12-10T08:35:00ZO Correlingua, en RianxoDavid Cobashttp://concelloderianxo.gal:8080/c/blogs/find_entry?p_l_id=13120&entryId=22274892020-11-30T09:17:42Z2020-11-30T08:53:00Z
O Correlingua é unha proposta escolar de dinamización lingüística de carácter lúdico-educativo que nos convida a defender e a reivindicar o uso da nosa lingua en todos os ámbitos da vida.
Este ano o Correlingua estase a celebrar nos centros de ensino, ante a imposibilidade de organizar a actividade central: a carreira pola lingua. Así, chega a Rianxo en formato concerto do grupo Biribirlocke (segundo clasificado no concurso Cantalingua), que actuará ante o alumnado do CEIP Ana María Diéguez de Asados.
Día: mércores, 2 de decembro
Hora: 10:00
Lugar: actividade interna no CEIP Ana María Diéguez de Asados, mais que se poderá seguir vía streaming nesta ligazón: https://www.youtube.com/watch?v=m50030ry76M&feature=youtu.be
No acto intervirán o responsable do Correlingua na comarca do Barbanza, Serxio Núñez, que lerá o manifesto do Correlingua 2020, e Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo, que ofrecerá unhas palabras de benvida.
David Cobas2020-11-30T08:53:00ZEscola de familias: Educando nas novas masculinidades, con Jorge García MarínDavid Cobashttp://concelloderianxo.gal:8080/c/blogs/find_entry?p_l_id=13120&entryId=22139612020-11-20T07:41:33Z2020-11-20T06:57:00Z
Relatorio e presentación do libro do sociólogo Jorge García Marín, Papa, por que non pintas as unllas de cores?, Educando (construíndo) masculinidades disidentes. Editorial Galaxia.
Día: mércores, 25 de novembro
Hora: 17:00
Lugar: Auditorio de Rianxo
Nunha época de feminismo, as masculinidades aínda precisan construírse conforme aos novos tempos. É preciso, xa desde a educación infantil, abordar o modelo de home que necesitamos para esta sociedade igualitaria.
No seguinte vídeo, Jorge G. Marín, convida a participar na actividade a todas as persoas interesadas nesta temática, mais sobre todo, aos homes, dos que procuramos máis impliación nos coidados infantís.
Inscricións en: normalizacion@concelloderianxo.gal ou no tel.: 881 988 798
Prazas limitadas
David Cobas2020-11-20T06:57:00ZEscola de familias: Quererse ben, a urdime do bo trato, coa psicóloga Natalia GuedellaDavid Cobashttp://concelloderianxo.gal:8080/c/blogs/find_entry?p_l_id=13120&entryId=22083762020-11-15T16:34:46Z2020-11-15T15:45:00Z
Día: mércores, 18 de novembro
Hora: 16:30
Lugar: Auditorio de Rianxo
Debido á conmemoración do 25N (Día da Eliminación da Violencia contra a Muller), o Proxecto Apego do Concello de Rianxo organizará unha serie de actividades a través das cales procurará a participación activa dos homes do Concello baixo o lema: “Para vivirmos nun Rianxo feminista, trae un home”.
A Escola de familias de Rianxo, organizada conxuntamente polos departamentos de Benestar e Normalización Lingüística, adoita combinar actividades culturais con outras relacionadas cos coidados infantís, a saúde, etc. Nestas últimas, a organización do programa detectou unha moi baixa participación dos homes, aspecto que segue a constatar a realidade de que en canto a cubrir as necesidades das crianzas no ámbito familiar, a muller segue situándose á fronte. Así, o concello busca pór o foco de atención na necesidade de que os homes se impliquen nestes coidados infantís, polo que os convida a participar en actividades como a deste mércores:
Quererse ben: a urdime dun bo trato é unha charla educativa dirixida pola psicóloga Natalia Guedella que aborda a temática de como acompañar as crianzas con amor e respecto tendo en conta as súas necesidades, desenvolvemento afectivo-sexual, poder e autonomía. Aprender a ser esa urdime coa que sentirse seguros de si mesmos, e desde a que querer e quererse ben, como base do bo trato.
Podes ver o vídeo de Natalia Guedella no que vos anima a participar, aquí.
Dirixido a familias con crianzas, educadoras e demais persoas interesadas.
Modo de inscrición: enviar un correo electrónico a normalizacion@concelloderianxo.gal ou chamar ao número de teléfono: 881 988 798
Prazas limitadas
David Cobas2020-11-15T15:45:00Z