Campamento de verán 2024

- Documentación que deben presentar as persoas participantes seleccionadas - Concello de Rianxo

CAMPAMENTO 2024

Contactos Campamento 2024

campamento@concelloderianxo.gal

 

Servizo de Xuventude

664 181 401

Auditorio Municipal. Rúa Autores da Rianxeira, s/n. Rianxo

 

Servizo de Deportes

981 86 63 81

Cuartel Vello. Praza Castelao, s/n. Rianxo

Blog DO CAMPAMENTO DE VERÁN 2024

Documentación que deben presentar as persoas participantes seleccionadas

Para formalizar a praza débese realizar o pagamento e entregar a documentación entre os días 12 ao 19 de xuño, ambos incluídos.

  • Pagamento: para realizar o pagamento deberás solicitar o recibo no servizo de xuventude ben presencialmente o por correo (campamento@concelloderianxo.gal) ou whatsapp (664181401). Unha vez teñas o recibo podes realizar o pago por banca electrónica, caixeiro ou nos bancos indicados no propio recibo. Só se pode realizar o pagamento mediante o recibo que vos facilitamos, non se pode realizar por transferencia bancario, ingreso en conta, bizum,...

 

  • Documentación:
    • Autorización do uso de imaxes. Descarga aquí.
    • Autorización de recollida do menor ás persoas autorizadas ou de saída do menor pola súa conta (neste caso, para nenos/as maiores de 10 anos). Descarga aquí.
    • Xustificante médico (só no caso de ser necesario).

A documentación remitirase ao seguinte correo electrónico: campamento@concelloderianxo.gal ​​​​​​​ou presencialmente na Oficina de Xuventude.

Recordamos que si tes praza e finalmente non vas facer uso dela, deberá comunicalo por escrito, ben mediante rexistro do concello ou correo electrónico a campamento@concelloderianxo.gal, ata o 21 de xuño.
No caso de que non comunique a renuncia a praza, deberá realizar o aboamento do recibo.