Desenvolvemento local - Concello de Rianxo
DESENVOLVEMENTO LOCAL
INFORMACIÓN XERAL
Promoción económica, Desenvolvemento local e Comercio
Xa podes solicitar os teus BONOS para facer compras nos establecementos adheridos ao programa BONOS RIANXO, ata o 30 de xuño. Esta iniciativa do Concello de Rianxo en colaboración coa Asociación Rianxeira de Empresarios (ARE) ten como obxectivo incentivar o consumo nos establecementos minoristas para a venda de produtos e oferta de servizos reforzando a competitividade do sector. Conta con...
Ponse en marcha a primeira fase da campaña BONOS RIANXO para a adhesión dos establecementos colaboradores, ata o 12 de maio. Esta iniciativa do Concello de Rianxo en colaboración coa Asociación Rianxeira de Empresarios (ARE) ten como obxectivo incentivar o consumo nos establecementos retallistas para a venda de produtos e a oferta de servizos reforzando a competitividade do sector. Conta...
Co fin de axilizar o pago das axudas PEL REACTIVA, requírese ás empresas beneficiarias da subvención que presenten a documentación necesaria, e que se indica de seguido, para comprobar dous requisitos establecidos na Base 14ª da convocatoria e que marca as obrigas dos/as beneficiarios/as das axudas: Documento acreditativo que xustifique a obriga dos/das beneficiarios/as de permanecer en...
A Deputación da Coruña, a través do seu Plan de emprego local, propón un itinerario formativo relacionado coa seguridade e o medio ambiente, encamiñado a obter o certificado de profesionalidade en Limpeza de Espazos Abertos e Instalacións Industriais (nivel 1). Ademais da formación específica neste campo, o itinerario consta de formación complementaria noutros aspectos transversais como son a...
FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN PROGRAMA FORMATIVO Está previsto no marco do Plan de Emprego Local, a impartición dos seguintes certificados de profesionalidade no Programa de Salvamento e Socorrismo Acuático: AFDP0209 SOCORRISMO EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS_ 420 horas (340 formación teórica e 80 formación práctica) AFDP0109 SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS ACUÁTICAS_ 210 horas (130...
A 28º edición da festa da Xouba terá lugar en Rianxo o 25 e 26 de xullo de 2020, como de forma tradicional se viña celebrando. Desta volta, e debido ás circunstancias provocadas pola pandemia da COVID-19, é necesario evitar a presenza de multitudes en espazos limitados, pero ao mesmo tempo non queremos deixar de exaltar este noso prezado produto e que en Rianxo, esta fin de semana, se poda...
Forma de conectarse: A través da plataforma Jitsi, premendo na seguinte ligazón: https://jitsi.concelloderianxo.gal/negociolocal O acceso á plataforma pódese facer mediante: Dispositivo móbil (teléfono ou tableta) Ordenador persoal (portátil ou sobremesa) En todo caso, os dispositivos deben dispor de cámara, altofalantes e micrófono. Acceso desde un dispositivo móbil: ...
Forma de conectarse: A través de JITSI, que é unha plataforma para falar por videoconderencia, premendo na seguinte ligazón: https://jitsi.concelloderianxo.gal/comerciolocal O acceso á plataforma pódese facer mediante: Dispositivo móbil (teléfono ou tableta) Ordenador persoal (portátil ou sobremesa) En todo caso, os dispositivos deben dispor de cámara, altofalantes e micrófono. Acceso...
Mercar no comercio de proximidade é a mellor forma de previr a crise económica e xerar riqueza que repercute no concello, na veciñanza, no tecido comercial e tamén no social. O comercio de proximidade, o das nosas veciñas e o dos nosos veciños, estivo aí para nós durante a crise sanitaria. A mellor forma de agradecérllelo é mercar nas súas tendas e contratar os seus servizos. Inviste en...
O sábado 2 de maio estrearase por streaming o documental Rianxo con boa letra, da produtora Xurdir, no que intervirán Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo e Ignacio Seijo, director de Xurdir. O acto será presentado por Eva Iglesias. A emisión en directo será ás 20.30 h pola canle de Youtube da produtora Xurdir: https://www.youtube.com/channel/UCGGEa0hV7mTHBfNm--HfXGA
O vindeiro mércores, Primeiro de maio, celébrase a homenaxe ás persoas falecidas no mar. Todos os anos se homenaxea a dúas das persoas falecidas, e fan a ofrenda familiares próximos en recordo dos seus. O acto de homenaxe consistirá na ofrenda dunha coroa de loureiro no monumento aos Afogados no Parque Galicia, para posteriormente celebrar unha misa, e rematarase co lanzamento-ofrenda ao mar...
A Fundación Juana de Vega pon en marcha a convocatoria do VII Programa de emprendemento agroalimentario. Qué é o programa de emprendemento agroalimentario? É un programa de apoio ao deseño, desenvolvemento e implantación de iniciativas e proxectos empresariais innovadores nos sectores agroalimentario, forestal, pesqueiro e marisqueiro, así como proxectos de base tecnolóxica e servizos...
A Consellería de Medio Rural vén de convocar unha liña de axudas para proxectos cooperativos no rural que inclúen: a posta en marcha de “laboratorios cooperativos” no rural (iniciativas de formación, identificación de oportunidades e asesoramento ás persoas emprendedoras), e o apoio a proxectos empresariais colectivos. A creación de laboratorios cooperativos pode ser solicitada por Concellos,...
A concelleira de Promoción Económica e Desenvolvemento Local, Adelina Cés Quintáns, fixo onte a entrega de diplomas ao alumnado participante no curso de venda electrónica EMPEZAR A VENDER EN INTERNET, desenvolvido dentro da campaña “En Rianxo, ao noso xeito”, organizado por esa concellaría e mais o Servizo de Normalización Lingüística. A formación foi impartida por Agustín Pérez,...
O Diario Oficial de Galicia publicou o pasado luns 28 de maio as bases do Programa de axudas para implantar a responsabilidade social empresarial (RSE), a igualdade laboral e a conciliación laboral e persoal, cofinanciadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, que inclúe incentivos de ata 12.000 € para promover entre as pemes, micropemes e persoas autónomas a obtención de certificados...
O INICIO DO CURSO TRASLÁDASE AO VENRES 11 DE MAIO Amplíase o prazo de inscrición neste curso ata o vindeiro xoves 10 de maio. A Concellaría de Promoción Económica e mais o Servizo de Normalización Lingüística organizan unha nova actividade de dinamización dentro da campaña “En Rianxo, ao noso xeito”. Trátase dunha actividade formativa titulada EMPEZAR A VENDER EN INTERNET, que está...
A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de convocar axudas ás empresas para a contratación de persoas desempregadas menores de 30 anos. O obxecto da convocatoria é facilitar a inserción laboral das persoas mozas menores de 30 anos desempregadas que presentan desvantaxes e dificultades particulares para permanecer no mercado de traballo, e favorecer o emprego estable e...
O curso de “Aperitivos sinxelos con produtos tradicionais”, organizado pola Concellaría de Promoción Económica e mais o Servizo de Normalización Lingüística, rematou a pasada semana. Esta actividade estaba destinada aos establecementos hostaleiros rianxeiros que participan na campaña EN RIANXO, AO NOSO XEITO, coa intención de axudar ao persoal da hostalaría a elaborar diferentes aperitivos,...
Unha carpa chea de ledicia e de cousas doces que se espalla polas rúas, prazas e parroquias e que leva a alegría do Nadal tenda por tenda, casa por casa, local por local, nunha proposta pensada para conciliar e estimular o comercio local. PRAZA DE CASTELAO Do 27 ao 31 de decembro de 2017, e os días 2 e 3 de xaneiro de 2018. Unha carpa de Nadal está a piques de aterrar na Praza de Castelao, no...
Queres facer a túa propia web de vendas? Gustaríache vender os teus produtos en liña? Queres coñecer o perfil da túa clientela en liña? Sabes como elixir un bo provedor tecnolóxico? Queres coñecer sistemas de fidelización de vendas? TERÁS TODAS AS RESPOSTAS ASISITINDO AO CURSO QUE CHE OFRECE O CONCELLO DE RIANXO ...
Desde o mes de marzo do pasado ano, a Concellalía de Desenvolvendo Local, coa axuda da empresa IMPLICATUM e os técnicos de turismo e medio ambiente; levou a cabo unhas mesas de traballo co sector hostaleiro, hoteleiro e comercial do concello, sen esquencer a presencia activa da Asociación Rianxeira de Empresarios. No día de onte, tivo lugar a presentación das conclusións extraídas, das cales...
Durante 4 días, dende o martes 27 ao venres 30, o Pequeno Circo de Nadal estará instalado na carpa da Praza Castelao para festexar as festas máis doces do ano!!! Pasarrúas, obradoiros, representacións teatrais e coreográficas! Contos, gastronomía, cantigas, gaiteiros/as, panxoliñas, acrobacias e mil e unha actividades da man da Concellaría de Promoción Económica, Desenvolvemento Local,...
ARTE URBÁN NO NADAL RIANXEIRO Dende a concellalía de turismo,comercio e desenvolvemento local, deixámosvos esta imaxe de cara a que identifiques os apalpadores que fican por distintos recunchos da nosa vila. ANÍMATE A ATOPALOS E MANDA CANTOS MAIS SELFIES MELLOR AO SEGUINTE ENLACE: https://www.facebook.com/events/576713975785689
O concello de Rianxo a través da súa concellalía de turismo, comercio e desenvolvemento local, ENTRE OUTRAS ACTIVIADES QUE LOGO VOS ANUNCIAREMOS, trae á nosa vila nada mais e nada menos que aos BOLECHAS que estarán connosco na PRAZA DE ABASTOS o vindeiro XOVES 22 dende as 16:00 horas.... NON VOS ESQUENZADES, XA QUE É O PRIMEIRO DÍA DAS VACACIÓNS DE NADAL AGARDÁMOSVOS!!!!!!
A partires de hoxe ONDIÑAS MAINAS E CELIA LILIANA ALFAYA comenzarán a desenvolver os seus proxectos de decoración das rúas da vila, posto que foron as propostas aceptadas do certame de decoración "NADAL NO RUEIRO" Dende a concellalía de comercio desexámoslle ÁNIMO E SORTE!!!!!!!
O Concello de Rianxo organiza a SEMANA DA PATELA do o 6 ó 11 de decembro, coa fin de dar a coñecer os produtos do noso mar, en especial do Bou de Vara, promover o consumo de produtos do mar e en xeral fomentar a nosa cultura mariñeira. Ademais de obradoiros e actuacións musicais, organizarase o concurso Patela Chef do que se publican as bases: Bases do concurso Patela Chef Inscrición no...
A I FEIRA DE OUTONO celebrada hoxe na praza de abastos e/ou mercado municipal resultou todo un éxito..... Grazas á participación dos foros ecolóxicos polo Barbanza, a D'PEPA, aos praceior@s que adornaron os seus postos, aos rapaces e mestres que se achegaron e participaron nas actividades de animación....e como non, a todas aquelas persoas que mercaron os productos da nosa terra e mar.....
Desde o mes de marzo, a Concellalía de Desenvolvendo Local, coa axuda da empresa IMPLICATUM e os técnicos de turismo e medio ambiente; está a levar a cabo unhas mesas de traballo co sector hostaleiro, hoteleiro e comercial do concello, sen esquencer a presencia activa da Asociación Rianxeira de Empresarios. A finalidade das mesmas e a extración de conclusións que axuden a definir futuras liñas...
Dende a agrupación de desenvolvemento local DELOA, á que pertence como socio o Concello de Rianxo, vaise proceder á contratación dun/ha técnico/a e dun/ha xerente para o desenvolvemento do novo programa LEADER, podedes consultar as bases no seguinte enlace: Bases do proceso selectivo Se tedes algunha dúbida ao respecto, podedes contactar con Natalia no teléfono 667 185 576.
Dentro do programa internacional "Quere o teu mercado", o concello de Rianxo vén desenvolvendo unha serie de actividades. A primeira foi realizada o pasado 4 de maio cos escolares do CEIP Castelao, coa colaboración da Escola Galega de Consumo. Facebook da campaña: https://www.facebook.com/quereoteumercado/ http://www.quereoteumercado.gal/mercado/
O Concello de Rianxo organiza os actos do PRIMEIRO DE MAIO EN RIANXO – DÍA DA XENTE DO MAR, que se desenvolverán o vindeiro venres, 1 de maio, segundo o seguinte programa: 10:30 h. Alborada a cargo do grupo de gaitas Río de Anxo 11:30 h. no Parque Galicia, Ofrenda Floral co Coro Santa Columba. 12:00 h. na Capela de San Bartolomeu, Misa de Campaña co Coro Santa Columba e Ofrenda Marítima nas...
O servizo de Comercio do Concello de Rianxo organiza "Ludonadal: regala comercio local", unha proposta coa que se pretende favorecer as compras no comercio local. Mentras realizas as túas compras, poderás deixar aos nenos e nenas entreténdose na Ludonadal, onde realizarán manualidades, contos, xogos e moitas outras sorpresas. A actividade desenvolveráse os días 23,24, 26, 27, 28,...
Na mañá de hoxe procedeuse ao primeiro sorteo da campaña " Presume de praceira e praceiro 2013 " no Mercado Municipal de Rianxo. Os premiados foron elexidos ao azar entre todos os cupóns previamente depositados polos clientes na urna instalada no propio mercado. O primeiro premio con un valor de 75€ foi para Purificación Lojo Tubío, o segundo de 50€ para Sara Calvo Vicente e o terceiro...