Desenvolvemento local

- Convocatoria de axudas para pemes, micropemes e autónomas - Concello de Rianxo

Promoción económica, Desenvolvemento local e Comercio

Convocatoria de axudas para pemes, micropemes e autónomas

O Diario Oficial de Galicia publicou o pasado luns 28 de maio as bases do Programa de axudas para implantar a responsabilidade social empresarial (RSE), a igualdade laboral e a conciliación laboral e persoal, cofinanciadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, que inclúe incentivos de ata 12.000 € para promover entre as pemes, micropemes e persoas autónomas a obtención de certificados en RSE, a elaboración e implantación de plans de igualdade e a conciliación con apoios ao teletraballo e para a flexibilidade horaria. 

As empresas solicitantes poderán ser pemes, micropemes ou persoas traballadoras autónomas, que teñan subscritos contratos con persoas traballadoras por conta allea, con domicilio social e centro de traballo en Galicia, calquera que sexa a súa forma xurídica, e que estean validamente constituídas no momento de presentar a solicitude de axudas, e deberán contar cun mínimo de 5 persoas traballadoras.

Tamén poderán presentar solicitude as empresas con axencia, sucursal, delegación ou calquera outra representación en Galicia que deberán ter contratado nesta Comunidade Autónoma un mínimo de 8 persoas.