Concellería de Promoción económica, Desenvolvemento local e Comercio
A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de convocar axudas ás empresas para a contratación de persoas desempregadas menores de 30 anos.
O obxecto da convocatoria é facilitar a inserción laboral das persoas mozas menores de 30 anos desempregadas que presentan desvantaxes e dificultades particulares para permanecer no mercado de traballo, e favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade. As empresas terán a posibilidade de obter axudas para a contratación e formación por conta allea (procedemento TR349T).
Personas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.
Ámbito temporal de aplicación e contratacións subvencionables
Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións cunha duración inicial mínima de doce meses realizadas con persoas mozas menores de 30 anos desempregadas. Estas contratacións deben formalizarse desde o 16 de decembro e ata o 30 de setembro de 2018. As empresas que así o soliciten poderán ser beneficiarias dun bono para a formación das persoas contratadas por medio do programa de bono de contratación. Bono de contratación As contratacións realizadas ao abeiro desta orde de convocatoria incentivaranse cunha axuda 5.000 euros por cada persoa desempregada contratada . Estas contías incrementaranse nun 25% nos seguintes casos, que son acumulables entre si:
Bono de formación A formación incentivarase cunha axuda de 2.000 euros por cada persoa contratada que a reciba na súa integridade e que cumpra os requisitos establecidos nesta orde.
Prazo de solicitudes
O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará o día seguinte ao da súa publicación e rematará o 30 de setembro de 2018. As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables realizadas entre o 16 de decembro de 2017 e a data da publicación desta orde deberán presentarse no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación da orde. As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables realizadas a partir da entrada en vigor desta orde deberán presentarse no prazo de dous meses desde a data de inicio da relación laboral, respectando o prazo xeral do 30 de setembro de 2018.
Orde de convocatoria
Orde do 27 de marzo de 2018, pola que se establecen as bases reguladoras dun programa a prol da contratación e formación das persoas mozas e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.
Pódese consultar a orde completa nesta ligazón: DOG Núm. 72, do 13 de abril de 2018.