Desenvolvemento local

- Lanzamento da campaña BONOS RIANXO para incentivar o consumo no comercio local - Concello de Rianxo

Promoción económica, Desenvolvemento local e Comercio

Lanzamento da campaña BONOS RIANXO para incentivar o consumo no comercio local

Ponse en marcha a primeira fase da campaña BONOS RIANXO para a adhesión dos establecementos colaboradores, ata o 12 de maio.

​​​​​Esta iniciativa do Concello de Rianxo en colaboración coa Asociación Rianxeira de Empresarios (ARE) ten como obxectivo incentivar o consumo nos establecementos retallistas para a venda de produtos e a oferta de servizos reforzando a competitividade do sector. Conta con 15.000 euros para a emisión de 500 paquetes de bonos, os cales poderán empregarse ata o 30 de xuño de 2022, rematada esta data os bonos non trocados caducarán.