Desenvolvemento local

- Ludonadal: Regala Comercio Local - Concello de Rianxo

Promoción económica, Desenvolvemento local e Comercio

Ludonadal: Regala Comercio Local

O servizo de Comercio do Concello de Rianxo organiza "Ludonadal: regala comercio local", unha proposta coa que se pretende favorecer as compras no comercio local. 

Mentras realizas as túas compras, poderás deixar aos nenos e nenas entreténdose na Ludonadal, onde realizarán manualidades, contos, xogos e moitas outras sorpresas. A actividade desenvolveráse os días 23,24, 26, 27, 28, 30 e 31 de decembro e o 2, 3 e 4 de xaneiro en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:30 (agás o 24 e 31 que pechará as 19:00), e está dirixira a nenos e nenas de 3 a 12 anos. O lugar onde se desenvolveran as actividades será a Ludoteca Agarimo, situada na Rúa dos Mestres (Rianxo).

Este actividade ofrece o uso de dúas horas diarias de ludoteca, que se disfrutaran a partires de formalizar a inscrición. Ofertanse 20 prazas que se irán cubrindo a medida que queden libres as anteriores. Deberás comprobar na propia ludoteca que existen prazas libres. O servizo é gratuíto.

Folleto Informativo

Cartel Informativo