Desenvolvemento local

- MESAS DE TRABALLO CO SECTOR HOSTALEIRO - Concello de Rianxo

Promoción económica, Desenvolvemento local e Comercio

MESAS DE TRABALLO CO SECTOR HOSTALEIRO

Desde o mes de marzo, a Concellalía de Desenvolvendo Local, coa axuda da empresa IMPLICATUM e os técnicos de turismo e medio ambiente; está a levar a cabo unhas mesas de traballo co sector hostaleiro, hoteleiro e comercial do concello, sen esquencer a presencia activa da Asociación Rianxeira de Empresarios.

A finalidade das mesmas e a extración de conclusións que axuden a definir futuras liñas de traballo, de cara á consecución dunha mellora do sector, e por extensión, mellora da vila.

Grazas a tod@s @s que asistíchedes ás distintas mesas de traballo, en breve convocarásevos para a presentación de conclusións.