Desenvolvemento local

- Os BONOS RIANXO xa están dispoñibles para descargar - Concello de Rianxo

Promoción económica, Desenvolvemento local e Comercio

Os BONOS RIANXO xa están dispoñibles para descargar

Xa podes solicitar os teus BONOS para facer compras nos establecementos adheridos ao programa BONOS RIANXO, ata o 30 de xuño.

Esta iniciativa do Concello de Rianxo en colaboración coa Asociación Rianxeira de Empresarios (ARE) ten como obxectivo incentivar o consumo nos establecementos minoristas para a venda de produtos e oferta de servizos reforzando a competitividade do sector. Conta con 15.000 euros para a emisión de 500 paquetes de bonos, os cales poderán empregarse ata o 30 de xuño de 2022, rematada esta data os bonos non trocados caducarán.

As características dos Bonos RIANXO son as seguintes:

    1. Cada lote de bonos terá un valor de 30€ que irán fraccionados en 2 bonos de 10€ e 2 de 5€. Os bonos de 10€ poderán descontarse en compras iguais ou superiores a 30€ e os bonos de 5€ en compras iguais ou superiores a 15€ nos establecementos adheridos a esta convocatoria.

    2. Só poderán solicitar bonos as persoas maiores de idade cun límite máximo dun lote de bonos por persoa.

    3. O importe de cada lote de bonos poderá gastarse nunha única transacción ou de forma fraccionada segundo as condicións indicadas no punto 1.

    4. No caso de que se produza unha devolución do produto, o establecemento deberá emitir un vale polo importe íntegro da compra, non sendo posible a devolución en efectivo.

    5. A persoa titular do bono poderá trocalo no momento da compra que reúna os requisitos para iso mediante a exhibición do seu DNI. A factura da compra debe reflectir o desconto.