Concellería de Promoción económica, Desenvolvemento local e Comercio
O vindeiro mércores, Primeiro de maio, celébrase a homenaxe ás persoas falecidas no mar. Todos os anos se homenaxea a dúas das persoas falecidas, e fan a ofrenda familiares próximos en recordo dos seus.
O acto de homenaxe consistirá na ofrenda dunha coroa de loureiro no monumento aos Afogados no Parque Galicia, para posteriormente celebrar unha misa, e rematarase co lanzamento-ofrenda ao mar dunha coroa.
Os actos comezarán ás 11:00 horas no Parque Galicia, e desprazaranse á Capela de San Bartolomeu para celebrar a Misa, que será ás 11:30. Ao rematar esta, embarcarémonos para realizar a ofrenda do Mar, nas Lobeira. A ASC Fogo Fatuo acompañara a comitiva con pezas tradicionais galegas.
Xa como actos máis lúdicos, teremos un vermú musical de 13:30 a 14:30 horas polas rúas da vila. Pola tarde, ás 18:30, haberá baile e música tradicionais a cargo da ASC Fogo Fatuo e un concerto do grupo Onte e Hoxe na Praza de Rafael Dieste. En caso de chuvia, estes actos serán no Auditorio de Rianxo.
“Así seguía rezando, rezando sempre, por todos cantos morreron naquel camiño do mar. A vella mandadeira gardaba na memoria os nomes dos afogados e as datas das traxedias.” A siña Sinforosa, de Cousas A.D.R. Castelao.