Desenvolvemento local

Requisitos das persoas candidatas e proceso de selección para as accións formativas de socorrismo en espazos acuáticos  naturais e socorrismo en instalacións acuáticas - Programa de salvamento e socorrismo acuático - Concello de Rianxo

Promoción económica, Desenvolvemento local e Comercio

Programa de salvamento e socorrismo acuático

Requisitos das persoas candidatas e proceso de selección para as accións formativas de socorrismo en espazos acuáticos  naturais e socorrismo en instalacións acuáticas

FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN

PROGRAMA FORMATIVO​​​​​​​​​​​​​​

Está previsto no marco do Plan de Emprego Local, a impartición dos seguintes certificados de profesionalidade no Programa de Salvamento e Socorrismo Acuático:

AFDP0209 SOCORRISMO EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS_ 420 horas (340 formación teórica e 80 formación práctica)

AFDP0109 SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS ACUÁTICAS_ 210 horas (130 formación teórica e 80 formación práctica)

A formación teórico- práctica realizarase no Centro de Formación de Cruz Vermella na cidade de A Coruña e as prácticas profesionais non laborais, en praias de concellos da provincia. Primeiro desenvolverase a formación en espazos naturais con data de inicio prevista para mediados de febreiro e logo da tempada de praias, previsiblemente a finais de setembro, desenvolverase a formación en instalacións acuáticas.

As clases impartiranse de luns a venres, de xeito presencial, unha edición en horario de mañán (09:00 a 14:00) e outra edición de tarde (16:00 a 21:00), contemplando as dúas a mesma programación dos dous certificados de profesionalidade.

A preinscripción farase entregando a documentación necesaria no Concello de Rianxo (Servizo de Orientación Laboral). Esta documentación é a seguinte:

  • Formulario de inscripción debidamente cuberto (dispoñible na ligazón de máis abaixo)
  • Informe de vida laboral /Certificado non alta no Sistema da Seguridade Social
  • Acreditación do nivel académico (copia titulación)
  • Certificado ou Volante de empadroamento
  • Tarxeta de demandante de emprego (copia)
  • Certificado ou Informe de saúde (especificado máis abaixo)
  • DNI ou NIE (copia)

 

Inicio da formación:

Socorrismo en espazos acuáticos naturais: febreiro 2021

Socorrismo e instalacións acuáticas: setembro 2021

A inscrición realizarase nunha única solicitude para participar nas dúas accións formativas, polo que se obterá así a dobre titulación. Comezarase en primeiro lugar coa formación en socorrismo en espazos acuáticos naturais, de xeito que as prácticas sexan coincidentes coa tempada de praias do ano en curso, coa posterior incorporación ao remate destas, á formación en instalacións acuáticas.

Requisitos das persoas candidatas:

  • Estar inscritas na Oficina de Emprego que lle corresponda e coa tarxeta de demandante de emprego vixente á data do prazo de inscrición.

  • Ter cumpridos os 18 anos de idade no momento da inscrición.

  • Estar empadroado/a en algún dos concellos da provincia da Coruña, preferentemente con poboación inferior a 50.000 habitantes

Requisitos específicos:

As persoas candidatas deberán cumprir os requisitos específicos seguintes:

  • Nivel académico ou de coñecementos xerais: estar en posesión dos títulos ou certificados precisos para cursar a formación correspondente ao certificado de profesionalidade de nivel 2.
  • Condicións físicas:​​​​​​​ carencia de afeccións crónicas e enfermidades infecto-contaxiosas .
  • Integridade física, resistencia, forza, destreza, coordinación visomotriz, axilidade, rapidez de reflexos.

Proba de natación

As persoas candidatas, no caso de superar as solicitudes o número de prazas de cada edición, terán que superar probas de natación.

Para efectualas, é necesario levar o día que se lles cite para as probas: traxe de baño deportivo, gorro de piscina, gafas de natación, chancletas e toalla.

  • Nadar 200 metros estilo libre nun tempo máximo de 4´15” (catro minutos 15 segundos) e realizar, sen impulso, 20 metros en apnea.

 Documentación e xestións

Para ser persoa candidata e participar nestas accións formativas cubrirase o formulario de candidatura, asinarase a declaración de cumprimento de requisitos e soamente se achegará coa solicitude, o seguinte documento escaneado:

  • Certificado ou Informe de saúde recente, emitido, asinado e selado por facultativo con data non anterior ao 11 de xaneiro de 2021, sobre o cumprimento das capacidades físico-psíquicas para o desenvolvemento da actividade profesional de salvamento e socorrismo acuático

Só se admitirán 6 inscricións por concello de persoas empadroadas neste, serán candidatas para a realización das probas de selección aquelas persoas das que se achegue o formulario completo e asinado e o documento escaneado que se solicita no prazo previsto.

Procedemento de selección

Segundo os resultados da convocatoria de persoas candidatas, indicaranse, unha vez remate o prazo de inscrición, a data, a instalación e a localidade onde se realicen as probas físicas que corresponda.

As 20 persoas candidatas segundo a orde de puntuación obtida de maior a menor e/ou que acaden os mellores resultados nas probas, terán que superar unha entrevista persoal na que serán, consideradas APTAS/NON APTAS.

Estas persoas terán que acudir o día e hora da cita á entrevista con toda a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos para ser participante nas accións formativas:

  • Informe de vida laboral/Certificado non alta no Sistema da Seguridade Social
  • Acreditación do nivel académico (copia titulación)
  • Certificado ou Volante de empadroamento
  • Tarxeta de demandante de emprego (copia)
  • Certificado ou Informe de saúde
  • DNI ou NIE (copia)

No caso de resultado NON APTA na entrevista, chamarase á seguinte persoa da listaxe e segundo a orde de puntuación obtida de maior a menor, ata completar o número máximo de alumno/a por acción formativa. O resto de persoas quedarán na listaxe segundo a mesma orde; como suplentes para o caso das baixas que causen nos 5 primeiros días desde o inicio.

En caso de empate nos resultados das probas, terán preferencia de entre as persoas empatadas, aquelas que estean empadroadas en concellos costeiros da provincia da Coruña de menos de 20.000 habitantes, e aplicarase no caso de coincidencia, a preferencia de candidata sobre candidato.

A Deputación da Coruña ten prevista a concesión dunha compensación económica como medida de fomento da formación e aptitude para o emprego destinada ás persoas participantes na formación AFPDP0209_Socorrismo en Espazos Acuáticos Naturais e AFDP0109_ Socorrismo en Instalacións Acuáticas, sempre e cando cumpran cos requisitos e condicións formuladas no procedemento de retribución de bolsas.

A contía da bolsa establécese en función do seguinte criterio:

  • Importe fixo por días de duración do curso (fase teórica e fase práctica)

Importe diario bruto por día asistido (xornada de 5 horas)

Duración estimada total acción formativa

Bolsa total a aboar

Retención segundo o detallado no Modelo 145. Comunicación de datos ao pagador

Importe diario líquido

8,00€ brutos/diarios

 

1,60€ brutos/hora de asistencia

 

125 días

1.000,00€

%

Proporcional á asistencia completa ou por horas, xunto a diferenza entre o importe bruto que corresponda e a porcentaxe de IRPF que se ha aplicar