Desenvolvemento local

Itinerario de seguridade e medio ambiente. Limpeza de espazos abertos e instalacións industriais. - Proxecto EIXO_FSE_POEJ - Concello de Rianxo

Promoción económica, Desenvolvemento local e Comercio

Proxecto EIXO_FSE_POEJ

Itinerario de seguridade e medio ambiente. Limpeza de espazos abertos e instalacións industriais.

A Deputación da Coruña, a través do seu Plan de emprego local, propón un itinerario formativo relacionado coa seguridade e o medio ambiente, encamiñado a obter o certificado de profesionalidade en Limpeza de Espazos Abertos e Instalacións Industriais (nivel 1). Ademais da formación específica neste campo, o itinerario consta de formación complementaria noutros aspectos transversais como son a prevención de riscos laborais, idiomas (inglés), novas tecnoloxías, igualdade de oportunidades e prácticas en empresa.

Accións transversais e complementarias

Duración(horas)

Titorías

7

Igualdade de oportunidades

20

Lingua estranxeira (Inglés)  A1/A2

50

 

Novas tecnoloxías: redes e ferramentas

20

 

Alfabetización informática: informática e Internet

25

Prevención de riscos laborais

60

 

Ademais, haberá accións de intermediación e orientación para o desenvolvemento competencial de aspectos persoais e profesionais para que as persoas participantes se sitúen favorablemente no ámbito laboral.

Axuda económica ás persoas participantes no itinerario
Está prevista a concesión dunha axuda/bolsa económica ás persoas participantes neste itinerario previsto no proxecto EIXO, co fin de incentivar a súa permanencia neste e obter os obxectivos profesionais e laborais previstos de mellora da cualificación e empregabilidade e de inserción no mercado laboral . A súa contía máxima ascenderá á cantidade de 2,6 € brutos hora de xornada laboral cumprida. Aplicaranse as retencións que correspondan segundo a situación persoal de cada un dos mozos e mozas participantes.

Persoas mozas beneficiarias da formación
Este itinerario e as accións formativas que contempla, van dirixidas a persoas mozas que reúnan os requisitos especificados nas axudas do Fondo Social Europeo, previstas no Programa Operativo de Emprego Xove (axudas AP_POEJ), todas elas menores de 30 anos e desempregadas da provincia da Coruña, incluídas as persoas con discapacidade, non ocupadas e no integradas nos sistemas de educación ou formación, inscritas na Oficina de Emprego correspondente e rexistradas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xove, e que ademais cumpran os seguintes requisitos:
- Ter cumpridos 16 anos de idade.
- Estar empadroado/a en algún dos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia (neste caso, Rianxo).
- Non se esixen requisitos de formación previa.

Para a selección das persoas participantes realizaranse entrevistas persoais e teranse en conta, para establecer a orde das candidatas, os coñecementos ou a formación previa relacionada con esta área e/ou sector de actividade, a experiencia profesional ou en voluntariado, a antigüidade como demandante de emprego e a situación persoal.

Valoraranse criterios específicos como dispoñibilidade para participar e trasladarse a outra localidade, implicación activa nas accións que se desenvolvan arredor deste itinerario, motivación persoal, expectativas de desenvolvemento profesional desta ocupación, cualidades, habilidades, actitudes, motivación laboral, carácter emprendedor, etc., que se establecen co fin de poder perfilar a intensidade de traballo do itinerario máis adecuado a cada mozo e moza para acadar a súa inserción efectiva no mercado laboral.

PROCEDEMENTO:
1. Inscrición e presentación de solicitudes: todas as persoas mozas interesadas en participar teñen que entregar a solicitude e a documentación esixida no lugar e prazo establecido polo concello no que estean empadroadas.
2. Cumprimento de criterios de carácter xeral: o persoal técnico dos concellos, é o responsable de estimar ou desestimar as inscricións recibidas en función de si a documentación achegada está completa e é correcta. De entre as solicitudes completas e admitidas, realizará unha valoración conforme á documentación achegada e establecerán a ordenación das solicitudes segundo os criterios propios de cada concello.
3. Entrevista persoal: para o caso de que existan máis persoas candidatas que unha en cada concello, este realizará unha entrevista ás mozas e mozos que presentaran a solicitude e a documentación completa, na que se valorarán os aspectos xa comentados no apartado anterior e a dispoñibilidade real de participación e asistencia ao itinerario completo deseñado (formación transversal e complementaria), a non existencia de impedimentos a esta participación (eventos familiares, tratamentos ou intervencións cirúrxicas pendentes, etc.) a adecuación da acción práctica solicitada coa traxectoria formativa da persoa candidata e a existencia dun proxecto de diversificación profesional coherente en cada caso. Como resultado deste proceso de selección, as persoas candidatas serán ordenadas por prioridade, e serán admitidas no itinerario por orde de envío da solicitude por correo electrónico con base ao prazo que se asigne desde o equipo técnico do proxecto.
4. Listaxe definitiva: A listaxe definitiva de persoas admitidas e suplentes será elaborada polo equipo técnico do proxecto con base ao mantemento do equilibrio territorial, seleccionando primeiro á persoa con maior puntuación de cada un dos concellos que enviaron candidaturas segundo a orde de chegada, para despois seleccionar en segunda rolda, no caso de que sexa necesario, á persoa seguinte en puntuación de cada un dos concellos ata completar a listaxe de participantes e suplentes. Estes últimos só poderían incorporarse cando algunha das persoas admitidas cause baixa e non se supere a porcentaxe de días sen asistencia que non permita a obtención do diploma.


Ámbito territorial e sede das accións do itinerario
O ámbito territorial de orixe das persoas participantes é coincidente co ámbito territorial do proxecto, no que se circunscriben todos os concellos da provincia da Coruña, excepto aqueles que teñen máis de 50.000 habitantes, A Coruña, Ferrol e Santiago.
A realización das prácticas localizarase nos centros de traballo onde se sitúen as empresas e/ou entidades públicas da contorna que se adhiran a este itinerario e formalicen un acordo de prácticas.

Sedes propostas: Cerceda e Muros.

Prazo e presentación de solicitudes

Ata o 1 de marzo ás 15:00 horas, no Servizo de Orientación Laboral do Concello de Rianxo.

Documentación que se debe presentar

1. Ficha de solicitude completamente cumprimentada e asinada.
2. Ficha de historial cumprimentado e asinado da persoa candidata e CV formativo e profesional.
3. DNI por ambas as dúas caras.
4. Tarxeta ou documento que acredite o número de afiliación á Seguridade Social.
5. Certificado/volante actualizado de empadroamento.
6. Tarxeta de demanda de emprego debidamente actualizada (non se considerarán as tarxetas de demanda de mellora de emprego).
7. Documento académico que acredite o requisito de acceso.
8. Documento que acredite a inscrición no rexistro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (Acceso a zona persoal na plataforma de Garantía Xuvenil e descarga no apartado de “notificacións” do documento, en formato “pdf”, que acredita que a persoa solicitante está rexistrada e é beneficiaria do sistema).

Descarga de documentos para a inscrición (Premer aquí)

 

​​​​​​​