Desenvolvemento local

- Rematou o curso de "aperitivos para a hostalaría rianxeira" - Concello de Rianxo

Promoción económica, Desenvolvemento local e Comercio

Rematou o curso de "aperitivos para a hostalaría rianxeira"

O curso de “Aperitivos sinxelos con produtos tradicionais”, organizado pola Concellaría de Promoción Económica e mais o Servizo de Normalización Lingüística, rematou a pasada semana.

Esta actividade estaba destinada aos establecementos hostaleiros rianxeiros que participan na campaña EN RIANXO, AO NOSO XEITO, coa intención de axudar ao persoal da hostalaría a elaborar diferentes aperitivos, distinguindo entre petiscos, tapas e racións, para ofrecer propostas diferentes que enriquezan o servizo de bebidas e contribúan a crear un atractivo extra no servizo de bares, cafeterías e restaurantes.

 

Nesta actividade formativa, que se desenvolveu no antigo Liceo marítimo rianxeiro, participaron 10 establecementos: Mesón Don Pancho, cervexería Gallaecia, Parrillada Ourense, Panadería Braisa, bar Atalaia, bar Abuín, mesón O Vilar, Pizzería Toskana, Camping Rianxo, Bocatería Guggenheim e cafetería Gallaecia. Foi impartida por dous cociñeiros e profesores no CIFP Carlos Oroza de Pontevedra: Carlos Rodríguez e Daniel Pulzoni, que transmitiron a súa experiencia, oficio e algúns segredos de cociña para facer máis apetecibles os petiscos.

 

A actividade espertou tamén grande interese entre a poboación rianxeira, e houbo persoas que participaron ao quedaren sen cubrir todas as prazas.

 

Prevese que, en breve, se organice outra actividade formativa, desta vez para os establecementos comerciais que participan desta campaña de dinamización da hostalaría e o comercio rianxeiros.