O Concello de Rianxo propón unha serie de reunións por videoconferencia de representantes do Concello con persoas autónomas ou persoas que rexentan un pequeno negocio en Rianxo, co fin de analizar a actual situación provocada pola COVID-19, escoitar necesidades e valorar propostas de colaboración por parte do concello. Faranse varias reunións por sectores de actividade. - Reunións por videoconferencia, por sectores de actividade, con persoas autónomas ou persoas que rexentan un pequeno negocio no Concello de Rianxo - Concello de Rianxo