Concellería de Promoción económica, Desenvolvemento local e Comercio
Co fin de axilizar o pago das axudas PEL REACTIVA, requírese ás empresas beneficiarias da subvención que presenten a documentación necesaria, e que se indica de seguido, para comprobar dous requisitos establecidos na Base 14ª da convocatoria e que marca as obrigas dos/as beneficiarios/as das axudas:
Documento acreditativo que xustifique a obriga dos/das beneficiarios/as de permanecer en alta no Réxime Especial da Seguridade Social de Traballadores por Conta Propia/ Autónomos ou no que, no seu caso, corresponda da Seguridade Social ou en Mutualidades profesionais ou no caso das microempresas, a manter a mesma forma xurídica polo menos 3 meses dende a finalización do período subvencionable (desde o 01 de xaneiro de 2021 ata o 31 de marzo de 2021, ambas as datas incluídas)
Declaración responsable sobre a recepción doutras axudas-PEL REACTIVA (achégase modelo)