Contacto

Contacto - Concello de Rianxo

Avisos de incidencias

 

O Concello de Rianxo quere escoitar aos veciños e veciñas, sentilos máis preto e darlles voz. Con ese obxectivo lanza unha liña directa de comunicación entre a veciñanza e o Concello de Rianxo.

A través do número 607 77 46 33 a cidadanía poderá facer chegar mensaxes (vía Whatsapp ou Telegram) con indicación de incidencias e queixas, a finalidade principal do servizo, así como suxestións e consultas aos membros do Goberno municipal.

A través desta liña non se atenderán chamadas telefónicas, dado que unicamente se empregará para a prestación do servizo sinalado. Para chamar ao Concello de Rianxo, así como a calquera dos seus departamentos, cómpre dirixirse aos teléfonos que se recollen no Directorio.