Calendario do contribuínte - Concello de Rianxo
Calendario fiscal do exercicio 2023
Mediante resolución da Alcaldía, o 2 de febreiro aprobouse o calendario fiscal para o exercicio 2023.
Concepto | Exercicio e período | Período voluntario ingreso | Data de cargo domiciliados |
IVTM | 2023 | 03/04/2023-05/06/2023 | 03/04/2023 |
LIXO | 2023/1 cuadrimestre | 03/04/2023-05/06/2023 | 04/04/2023 |
LIXO | 2023/2 cuadrimestre | 17/07/2023-18/09/2023 | 01/08/2023 |
IBI URBANA | 2023 | 01/09/2023-02/11/2023 | 01/09/2023 |
IBI RUSTICA | 2023 | 01/09/2023-02/11/2023 | 04/09/2023 |
IBI BICES | 2023 | 01/09/2023-02/11/2023 | 01/09/2023 |
IAE | 2023 | 01/09/2023-02/11/2023 | 05/09/2023 |
VADOS | 2023 | 01/09/2023-02/11/2023 | 06/09/2023 |
LIXO | 2023/3 cuadrimestre | 03/10/2023-04/12/2023 | 03/10/2023 |
TAXA MESAS E CADEIRAS
| 2023 | 16/10/2023-18/12/2023 | 16/10/2023 |
MERCADO | 2023 /TRIMESTRAL | Dous meses despois da exposición pública | Primeiro día do período voluntario |
MERCADILLO | 2023 /BIMENSUAL | Dous meses despois da exposición pública | Primeiro día do período voluntario |
PREZO PÚBLICO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR | 2023 /MENSUAL | Dous meses despois da exposición pública |
|
SISTEMA ESPECIAL DE PAGO DO IBI RÚSTICO E URBANO Primeiro prazo: 12/06/2023 Segundo prazo: 12/09/2023 |
INFORMACIÓN ADICIONAL
Modo de ingreso:
Os recibos domiciliados cargaránse directamente nas contas autorizadas polo contribuínte.
Para os recibos non domiciliados, o documento preciso para efectuar o ingreso enviarase ao domicilio fiscal do contribuínte, por correo postal ordinario. Este envío non ten carácter de notificación. A non recepción dos documentos de ingreso no domicilio do contribuínte non exime a este da súa obriga de pago.
Se algún obrigado tributario non recibe no seu domicilio algún dos documentos de ingreso que precisa, poderá obtelo a través do correo electrónico recadacion@concelloderianxo.gal, chamando a Recadación no teléfono 981866661, ou de xeito presencial cando sexa posible, e sempre con cita previa https://sede.concelloderianxo.gal/opencms/gl/cita/.
Lugar, día e hora de ingreso:
- Os contribuíntes poderán efectuar o ingreso nas oficinas das seguintes entidades colaboradoras, dentro do horario de caixa que teñan establecido: ABANCA, BANCO SANTANDER, CAIXABANK; tamén en caixeiro automático ou por internet (se a entidade colaboradora elixida dispón deses servizos).
- O ingreso tamén poderá efectuarse a través da Sede electrónica do Concello de Rianxo (https://concelloderianxo.gal/es/sede), na opción de trámites/pagamento de recibos.
Referencias e importes de cobro:
Os documentos de ingreso inclúen dúas referencias de cobro con importes diferentes: a primeira é válida durante o período voluntario de pago que se indica no recibo. A segunda é válida a partir do día seguinte ao remate do período voluntario de pago, e o importe que ten asociado inclúe o principal da débeda e a recarga executiva do 5%. Pasada a data de caducidade da segunda referencia, xa non se poderán utilizar estes documentos para realizar o ingreso da débeda, polo que deberá poñerse en contacto con Recadación.
ADVERTENCIA
Advírtese que transcorrido o período voluntario, as débedas esixiranse polo procedemento de constrinximento e deivindicaranse as recargas do período executivo, os xuros de mora e, no seu caso, as costas que se produza.