Educación e Cultura

Do 30 de xuño ao 02 de xullo en Rianxo organizado pola aCentral Folque coa colaboración do Concello de Rianxo - 19 Encontro Internacional Zona da Zanfona - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

19 Encontro Internacional Zona da Zanfona

Do 30 de xuño ao 02 de xullo en Rianxo organizado pola aCentral Folque coa colaboración do Concello de Rianxo

Do 30 de xuño ao 2 de xullo decorrerá o XIX Encontro Internacional Zona da Zanfona en Rianxo. Un evento que cumpre as dezanove edicións ininterrompidas desde 2004 organizado por aCentral Folque e promovido desde o Concello de Rianxo onde teñen pasado os nomes máis senlleiros da escena europea na práctica instrumental da zanfona nas últimas dúas décadas.

Zona da Zanfona é o festival da manivela musical, da revolución silenciosa e mecánica do arco infinito. Combina programación de actividades para o público xeral e especializado que se acheguen até Arousa Norte. Músicos amadores e profesionais e audiencias en xeral que atoparán gozo e deleite na escoita deste fabuloso instrumento. O ZdZ ofrece na vila mariñeira e literaria de Rianxo unha desculpa para vir e gozar de concertos, cursos e convivio arredor da zanfona.

PROGRAMA:

ZONA DA ZANFONA. 19 ENCONTRO INTERNACIONAL. RIANXO 2023

Concertos

Venres 30 xuño. Praza Rafael Dieste. 21.30 h

  • Sangre de Muérdago
  • Ben Grossman

Sábado 1 xullo. Praza Rafael Dieste. 21.30 h

  • Cantometrics
  • David Bellas e Iván Abal

Palco Aberto ZdZ domingo 2 xullo. Pazo do Rianxiño. 12 h

  • Mostra de escolas de zanfona
  • Xantar aberto ZdZ
  • Presentación: Manual galego de zanfona Con Suso Vaamonde. domingo 2 xullo. 17 h. Pazo do Rianxiño

Cursos ZdZ

  • Iniciación. Óscar Fernández. Venres 30. 16-20h (emprestamos instrumento!)
  • Intermedio. Vítor Soto. Venres 30. 16-20h
  • Avanzado. Ben Grossman. Sábado 1. 10-19h
  • Construción. Suso Gestal e Ariel Ninas. Sábado 17 e domingo 18 xuño. 10-20h

Info para os cursos:

  • Datas de inscrición:  a partir do 1 de xuño
  • Lugar: Auditorio de Rianxo
  • Inscrición: debes encher o formulario de inscrición accesíbel  no link de cada unha das actividades: pica no link de cada curso: Iniciación ; Intermedio; Avanzado ; Construción
  • Correo información: matricula@folque.com