Educación e Cultura

Desevolveranse un amplo abano de actividades para conmemorar o aniversario durante todo o ano 2023 - 1933- 90 ANIVERSARIO - 2023 TEATRO AIRIÑOS - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

1933- 90 ANIVERSARIO - 2023 TEATRO AIRIÑOS

Desevolveranse un amplo abano de actividades para conmemorar o aniversario durante todo o ano 2023

A historia do Teatro Airiños remóntase a 1933, cando un grupo de veciños e veciñas de Asados (Rianxo) decidiu crear unha agrupación teatral. A iniciativa contou coa axuda do Partido Galeguista e, dende entón, non deixou de funcionar.

En 2023, o Teatro Airiños cumprirá 90 anos e a agrupación pode presumir de ser o grupo de teatro amador máis antigo de Galicia. Para conmemorar esta efeméride, están a preparar unha serie de actividades ao longo do ano.

Entre as actividades previstas figuran homenaxes a persoas que formaron parte da historia do grupo, unha exposición fotográfica, a publicación dun libro conmemorativo e a representación dunha obra especial para celebrar o aniversario.

Parabéns aos membros do Teatro Airiños polo seu longo e exitoso percorrido na promoción do teatro do pobo en Galicia.