Educación e Cultura

- ACTOS CASTELAO 18: Herdeiras, de Carmen Penin - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

ACTOS CASTELAO 18: Herdeiras, de Carmen Penin

O vindeiro sábado 20 de xaneiro, ás 20.30 h, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo Carmen Penin presenta en concerto o seu novo libro-cd Herdeiras. Música, poesía, danza e audiovisual sobre as mulleres e a memoria.

A entrada é de balde ata completar capacidade. Retirada na billeteira (máxima 2 por persoa), do auditorio unha hora antes do comezo do concerto.

Carmen Penim presenta con HERDEIRAS un traballo único, que une música, poesía, danza e audiovisual arredor do tema da memoria das mulleres. Unha valente aposta pola identidade feminina e o rescate de valores como a solidariedade, a conciencia feminista, histórica e social dende un enfoque reivindicativo e á vez conciliador, integrador e esperanzado.