Educación e Cultura

- Actos Castelao 2013 - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Actos Castelao 2013

O Concello de Rianxo vai desenvolver o programa Actos Castelao 2013 no que se conmemora o nacemento do ilustre rianxeiro, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. As propostas, que están enmarcadas en dúas fins de semana, son as seguintes:

  • Venres 25 Xaneiro

20.00 h - AUDITORIO DE RIANXO

Inauguración da Exposición de escultura en ferro de Che Tembra (datas da exposición do 25/01 ao 23/02).

20.30 h - AUDITORIO DE RIANXO

Presentación do suplemento nº 81 A Voz de Barbantia - xaneiro 2013 e do libro María Teresa Alvajar López. Memorias dunha republicana, de Aurora Marco, no que, ademais da autora, estarán presentes Francisco Pillado, Director de Laiovento; Xoán Hermida, Presidente da Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza - CRMHB; Xesús Laíño, Presidente de Barbantia; Che Tembra, artista; e Adolfo Muíños, Alcalde de Rianxo. Intervención musical a cargo do alumnado da Escola de Música de Rianxo. No mesmo acto terá lugar a proxección do vídeo Teresa Alvajar. Compromiso e paixón pola Terra, de Pablo Ces.

  • Sábado 26 Xaneiro

12.00 h - AUDITORIO

Recital - presentación do CD de audiopoemas Re(c)verso de Celia Parra (con base musical rítmica e videoproxeccións) e intervención plástica do artista rianxeiro Tantino.

20.30 h - AUDITORIO

Teatro Express. Representación Teatral da peza Anacos de Castelao a cargo do Cadro Artístico Airiños

  • Venres 1 febreiro

20.30 h - CENTRO SOCIOCULTURAL – AUDITORIO (SALÓN 1º ANDAR)

Presentación do libro de poemas Inflamable de Samuel L Paris editado por Edicións Positivas(con acompañamento musical)

  • Sábado 2 febreiro

12.00 H - CENTRO SOCIOCULTURAL – AUDITORIO (SALÓN 1º ANDAR)

Presentación das obras biográficas Arturo Noguerol Buján. Xornalista, arbitrista e financiero do galeguismo (Ir Indo Edicións) e Ética e estética de Arturo Noguerol (Editorial Auria) a cargo do autor e investigador Jesús Fernando Román Alonso

20.30 h - AUDITORIO

Concerto Folc a cargo de Roi Casal presentando o seu derradeiro traballo discográfico Maxicamente Vello. Venta anticipada de entradas a través da productora do artista (www.roicasal.com)

  • Domingo 3 febreiro

11.00 h - CENTRO SOCIOCULTURAL – AUDITORIO (SALÓN 1º ANDAR) - Desenvolvemento da Asemblea Anual da Fundación Castelao.

13.00 h - PASEO DA RIBEIRA Ofrenda floral e acto institucional coa intervención do Sr. Alcalde e autoridades.

 

Folleto divulgativo