Educación e Cultura

- ACTOS CASTELAO 2017: presentación do poemario Soño e vértice de Eva Veiga - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

ACTOS CASTELAO 2017: presentación do poemario Soño e vértice de Eva Veiga

VENRES 13 DE XANEIRO,  20.30 h, Auditorio

Presentación de Soño e vértice de Eva Veiga (premio de poesía Concello de Carral na súa XVII edición), con Armando Requeixo (crítico literario e ensaísta), Xoán Pastor Rodríguez (coordinador de A.C. Barbantia), Raquel García Abuín (concelleira de Cultura de Rianxo) e a propia autora.

EVA VEIGA TORRE

Nada en Ombre (Pontedeume) o 22 de outubro de 1961, é unha poeta e xornalista galega. Tras ter realizado estudos de Filoloxía Inglesa pola Universidade de Santiago de Compostela, traballou en El Ideal Gallego e na TVG, onde desenvolveu unha polifacética e intensa actividade profesional, sobre todo na dirección e presentación de programas culturais. Neste eido foi dúas veces Premio TP e Premio Galicia de Comunicación. Asemade, presentou e dirixiu para televisión a serie documental sobre a historia da arte galega Galicia no Tempo, programa que foi galardoado co Premio do Colexio de Arquitectos de Galicia e co Premio de Honra da UNESCO.

OBRAS

Poesía

  • Fuxidíos, Sociedade de Cultura Valle-Inclán, 1993.

  • Paisaxes do baleiro, Xerais, 1999.

  • A luz e as súas cicatrices, Sociedade de Cultura Valle-Inclán, 2005.

  • Desconcerto, Biblos Clube de Lectores, 2006.

  • A frecha azul do teixo, Espiral Maior, 2010.

  • Nesta hora imposible, 2010.

  • A distancia do tambor, Espiral Maior, 2014.

Ensaio

  • Santiago. Cidade de peregrinación, 2002.

  • Alfonso Costa, con Ánxeles Penas, 2008.

Obras colectivas

  • Alguén agarda que volva alí, 1998.

  • A rúa e outros relatos, de Gerry Adams, 2000, Baía Edicións. Tradución con Ana Gabín Iglesias.

  • Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega.

  • Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina, 2003, Fundación Araguaney.

  • Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior.

  • Do máis fondo do silencio saen voces, 2006, Asociación Cultural Panda de Relacións Laborais, A Coruña.

  • Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo, 2006, Difusora.

  • A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium.

  • Lois Pereiro en 17 voces, 2011, La Voz de Galicia.

  • Preludios para Miguel Anxo Fernán-Vello, 2011, Laiovento.

  • Tamén navegar, 2011, Toxosoutos.

  • VI Encontro de Escritores Galegos. Literatura e proxección exterior, 2012, Deputación da Coruña.

  • 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).

  • De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI, 2015, Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega.

  • 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca, 2015, Biblos Clube de Lectores. Poesía.

Premios

  • Accésit do XII Premio Esquío de poesía no 1992, por Fuxidíos.

  • Premio Sereo de Cultura Galega da Asociación Cultural Barbantia no 2011.

  • Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño no 2013, por A distancia do tambor.

  • Premio da AELG á mellor obra de poesía do 2014, por A distancia do tambor.

  • Premio de poesía Concello de Carral no 2015, por Soño e vértice.

  • Premio de poesía da Cidade de Ourense no 2015, por Silencio percutido.

Televisión

  • Entre nós (1987)

  • Mesa reservada (1988)

  • De perfil (1989)

  • Galicia no tempo (1991)

  • A conta atrás (1992)