Educación e Cultura

Un ano máis o Concello de Rianxo, xunto coa colaboración de outras entidades, organiza os Actos Castelao que se desenvolverán do 17 ao 27 de xaneiro - ACTOS CASTELAO 2024 - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

ACTOS CASTELAO 2024

Un ano máis o Concello de Rianxo, xunto coa colaboración de outras entidades, organiza os Actos Castelao que se desenvolverán do 17 ao 27 de xaneiro

Actos Castelao 2024, do 17 ao 27 de xaneiro.

  • MÉRCORES 17/01/24, 12.30, CENTRO SOCIOCULTURAL-AUDITORIO DE RIANXO (sala de exposicións)

EXPOSICIÓN: apertura da mostra do XVII Premio Jesús Núñez de gravado da Deputación da Coruña.

  • VENRES 19/01/24, 20.30, CENTRO SOCIOCULTURAL-AUDITORIO DE RIANXO (salón de actos, 1º andar)

​​​​​​​RELATORIO: "Castelao artista gráfico", a cargo de Xoán Pastor Rodríguez Santamaría, Director do Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital; acompañado por Julio Alcalde, Concelleiro de Educación e Cultura do Concello de Rianxo.

  • SÁBADO 20/01/24, 20.30, CENTRO SOCIOCULTURAL-AUDITORIO DE RIANXO (salón de actos, 1º andar)

​​​​​​​CHARLA COLOQUIO: "Castelao na prensa", a cargo de Miguel Anxo Seixas, Presidente da Fundación Castelao; acompañado por Julián Bustelo, Alcalde do Concello de Rianxo e intervención musical de Noelia Gómez e Rui Grenha musicando textos de Cousas de Castelao.

  • VENRES 26/01/24, 20.30, CENTRO SOCIOCULTURAL-AUDITORIO DE RIANXO (sala Arcos Moldes)

LIBROS: presentación de "O libro secreto da filosofía" de José Carou Rey, coas intervencións da ilustradora da obra, Sara Valcárcel; a profesora e tradutora Margarita Fernández Gómez; o escritor e membro de Barbantia, X. Ricardo Losada; o Director de Producións da Editorial Galaxia,, Xesús Domínguez; o Concelleiro de Educación e Cultura do Concello de Rianxo, Julio Alcalde e o propio autor.

Intervención artística e coloquio a cargo de Miguel Mosquera. Apertura e peche musical a cargo de Tano Domínguez (piano) da Escola de Música de Rianxo.

  • SÁBADO 27/01/24, 12.00, PASEO DA RIBEIRA (busto de Castelao)

OFRENDA FLORAL: Intervención de autoridades. Acompañamento musical a cargo de Río de Anxo.

  • DO MÉRCORES 17/01/24 AO XOVES 15/02/2024, 20.30, CENTRO SOCIOCULTURAL-AUDITORIO DE RIANXO (sala de exposicións)

​​​​​​​EXPOSICIÓN: XVII Premio Jesús Núñez de Gravado da Deputación da Coruña

Organizados polo Concello de Rianxo xunto coa colaboración da Deputación da Coruña, o Museo da Artes do Gravado á Estampa Dixital do Concello de Ribeira, a Asociación Barbantia, a Fundación Castelao, a Escola de Música de Rianxo, a Editorial Galaxia e La Voz de Galicia.