Educación e Cultura

O Concello de Rianxo organiza unha serie de actos para homenaxear a figura do ilustre rianxeiro. Este ano 2025 foi declarado Ano Castelao, en conmemoración do 75º aniversario do seu falecemento. - Actos Castelao 2025 - Ano Castelao - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Actos Castelao 2025 - Ano Castelao

O Concello de Rianxo organiza unha serie de actos para homenaxear a figura do ilustre rianxeiro. Este ano 2025 foi declarado Ano Castelao, en conmemoración do 75º aniversario do seu falecemento.

O Concello de Rianxo organiza unha serie de actos para homenaxear a figura do ilustre rianxeiro. Este ano 2025 foi declarado Ano Castelao, en conmemoración do 75º aniversario do seu falecemento.

XANEIRO 2025

  • Venres 17, 20:30, Centro Sociocultural-Auditorio, Sala de exposicións.  EXPOSICIÓN: Os Homes, por Castelao, na colección Roberto Taboada, coas intervencións de Roberto Taboada (coleccionista), Pastor Rodríguez Santamaría (Director do Museo do Gravado á Estampa Dixital) e Julián Bustelo (alcalde de Rianxo).
  • Sábado 18, 20:30, Centro Sociocultural-Auditorio, Sala Arcos Moldes (teatro). MÚSICA: Merendola Desconcertante, por deBiselas Cuarteto.
  • Venres 24, 20:30, Centro Sociocultural-Auditorio, Salón de Actos (1ºandar). LIBROS: Presentación de Luís Seoane-Isaac Díaz Pardo. Cartas (1956-1979), a cargo de Xosé Luís Axeitos (editor literario e Académico da RAG), Valentín García (Secretario Xeral de Lingua), Xosé Díaz (Deseñador e Académico da AGBA) e Julián Bustelo (alcalde de Rianxo).
  • Sábado 25, 20:30, Centro Sociocultural-Auditorio, Sala Arcos Moldes (teatro). TEATRO: Dúo Vaguedades, por Artefeito producións. Proposta ao abeiro da Rede Cultural 2024.
  • Venres 31, 20:30, Centro Sociocultural-Auditorio, Sala Arcos Moldes (teatro). LIBROS: Presentación do libro Os mortos que amei, de Iria Collazo (Editorial Galaxia). Coa participación de Antón Riveiro Coello (novelista e membro de Barbantia), María Xesús Blanco (Presidenta de Barbantia) e Marcos Calveiro (Editorial Galaxia). Intervención artística a cargo do escultor Camilo Seira. Introdución e peche musical a cargo de Leo Sánchez Figueiro (piano) da Escola de Música de Rianxo.

 

FEBREIRO 2025

  • Sábado 1, 12:00, Busto de Castelao (Paseo da Ribeira). ACTO INSTITUCIONAL: Ofrenda Floral. Intervención de autoridades e acompañamento musical a cargo do grupo Fogo Fatuo.

 

Tamén se poderá visitar ata o 10 de xaneiro a exposición Castelao. Retorno a Galicia 1984. A presenza de Rianxo. Xan Carballa, fotografías, no Centro Sociocultural – Auditorio de Rianxo, primeiro dos actos que se celebraron con motivo desta conmemoración.