Educación e Cultura

- Actos Castelao: concerto De Biselas, Música de cámara - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Actos Castelao: concerto De Biselas, Música de cámara

SÁBADO 21 DE XANEIRO,  20.30 h, Auditorio

Música de cámara. Cuarteto deBiselas

deBiselas nace na primavera do ano 2016, cando as súas catro fundadoras están en vías de finalizar os seus estudos na aula de
frauta do Conservatorio Superior de Música de A Coruña.
Trátase dun proxecto que quere dar a coñecer a frauta traveseira a través da súa sonoridade en enssemble. Ofrecen un programa no que a diversidade ten un papel moi importante: formacións de dúo, trío e cuarteto con repertorio que abrangue obras compostas no período Barroco, no Clasicismo, no Romanticismo, en pleno século XX e tamén no momento presente.
Ademais, cómpre destacar que deBiselas é un colectivo multidisciplinar. Nel fusiónanse o sentido auditivo e o visual nun formato dinámico no que o público pode establecer correspondencias entre o sonoro e o plástico. Buscan non acudir ao habitual illamento das artes, conxeniando música, debuxos ao vivo e texto.
Mediante esta conxunción, catro frautistas conseguen atopar as conexións precisas para que a música e a imaxe flúan dinamicamente. Consideran primordial aprender a dialogar e chegar a un consenso entre as diferentes ideas, así como enriquecerse dos coñecementos que se comparten. Ademáis, é inseparábel a parte social da interpretativa, pois creando vínculos persoais positivos, poderase lograr un sentido musical completo. deBiselas son:

  • Beatriz Rodríguez Pena (A Bandeira)
  • Carlota Salgado Leal (Merza)
  • Sabela Galbán Rodríguez (Rianxo)
  • Valeria González Moreira (A Coruña)