Educación e Cultura

Proposta enmarcada nos Actos Castelao 2023 organizados polo Concello de Rianxo - Actos Castelao, Concerto Onte e hoxe, a música de onte e hoxe - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Actos Castelao, Concerto Onte e hoxe, a música de onte e hoxe

Proposta enmarcada nos Actos Castelao 2023 organizados polo Concello de Rianxo

O grupo Onte e Hoxe presenta na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o seu traballo A música de onte e hoxe.

O concerto terá lugar o sábado 21 de xaneiro ás 20.30 horas.

Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada de convites dende unha hora antes do concerto (máximo 2 por persoa)

Onte e Hoxe é unha agrupación músico-cultural nada no ano 2015, como trío. O pouco tempo incorporouse Anxo como o seu percusionista. Onte e Hoxe comezou cunha ilusión, a de recuperar aquela música que nos abriu paso ao que temos hoxe en día. O noso repertorio é amplo e contén temas da música galega dos anos '60 e '70 e tamén cancións de grupos de tendencia na actualidade galega. O noso fin é ir camiñando por nós mesmos pero sen esquecer as nosas raíces, tentando deste xeito divulgar e recordar o que nos une como galegos!!!