Educación e Cultura

- Primeira función da mostra ALTER EGO: Lowcost por Shakespeare - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Primeira función da mostra ALTER EGO: Lowcost por Shakespeare

A II Mostra de Teatro Afeccionado Alter Ego abre as súas portas o vindeiro venres 29 de setembro, ás 20.30 horas, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo

Media hora despois, ás nove da noite, terá lugar a primeira función a cargo de Tolemia Teatro coa obra Lowcost por Shakespeare.

Está recomendada para todos os públicos e ten unha duración de 50 minutos.

A entrada é de balde ata completar capacidade, e poderán retirarse, máximo 2 por persoa, unha hora antes do comezo da función.

A proposta forma parte da programación do Programa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Só unha gran paixón por William Shakespeare unida a unha igual de grande falta de recursos podía dar lugar a este espectáculo. Non temos un peso, pero tampouco pesar. Postos  a facer teatro clásico sen os máis mínimos recursos... por qué facer unha soa?
Polo mesmo prezo presentamos unha morea de obras do bardo de Stratford Uppon-Avon ao máis puro estilo de Tolemia.

Tolemia Teatro é un grupo fundado no ano 2010 dentro do mundo do teatro universitario na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Dende entón, puxo en escena unha serie de espectáculos entre os que podemos destacar Versión 2.0 (2011); Unha merenda de tolos (2012); Soños dun seductor (2013); Un, dous, tres (2015); e Quérote ergo sum (2016).