Educación e Cultura

- APRAZADA, a ópera Madama Butterfly en Rianxo - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

APRAZADA, a ópera Madama Butterfly en Rianxo

PromÓpera entidade organizadora da proposta Madame Butterfly achéganos esta nota informativa:

"Para previr e conter a epidemia de COVID-19, a ópera MADAMA BUTTERFLY programada para o sábado día 14 de marzo no Auditorio de Rianxo, quedará aprazada ó 13 de xuño no mesmo lugar e á mesma hora. Todas as persoas que compraron entrada en Eventbrite, recibirán moi pronto un correo electrónico e poderán pedir a devolución do importe da mesma se non puideran ir na nova data, ou conservar a súa entrada.

Aviaremos por teléfono ao resto de persoas que nos fixeron reservas ó 618111362. Estamos á súa disposición nese número para calquera eventualidade. Lamentamos as molestias. Moitas grazas a todos.

Promópera."

__________________________________________________________________

O sábado 14 de marzo, ás 21.00 horas, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, a proposta de ópera Madama Butterfly de Puccini.

A entrada ten un custo de 20 € (máis gastos de xestión) e pode adquirirse no seguinte enlace, e tamén chamando ao 618 111 362.

Ópera representada e interpretada por artistas internacionais con gran experiencia.

PromÓpera é unha asociación cultural sen ánimo de lucro. Os seus compoñentes levan traballando sete anos en Europa, Asia, Cuba, Panamá, Ucrania, México... organizando periodicamente óperas, galas de zarzuela, concertos, clases maxistrais de canto... e ocupándose de todo o relativo á súa produción, desde o alugueiro das partituras ata o último detalle. As últimas producións que fixeron con gran éxito de crítica e asistencia son as de O elixir de amor (2012: Vigo, Pontevedra e Ourense ), Turandot (2012: China-Chengdú), A Traviata (2013: China-Chengdú), Madama Butterfly (2018, 2019 e 2020) A Traviata (2017, 2018, 2019 e 2020) Tosca (2019 en xuño) Suor Angelica e Aida (2019 en novembro e 2020 de xira en varias cidades de Galicia), así como diversas galas de zarzuela e multitude de concertos. Todo con orquestras, solistas, directores e coros profesionais.