Educación e Cultura

Actividades en conmemoración dos Días Europeos da Artesanía, organizadas e financiadas pola Fundación de Artesanía de Galicia - Artesanía na aldea - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Artesanía na aldea

Actividades en conmemoración dos Días Europeos da Artesanía, organizadas e financiadas pola Fundación de Artesanía de Galicia

Baixo o título "Artesanía na aldea", celébranse unha serie de actividades en conmemoración dos Días Europeos da Artesanía, organizadas e financiadas pola Fundación de Artesanía de Galicia. Este evento enmárcase dentro dun programa máis amplo que inclúe diversos obradoiros na comarca do Barbanza.

En Rianxo, terá lugar o obradoiro "Artesanía na aldea: Descubre o papel artesanal".

Obradoiro infantil e familiar no que descubriremos como se fabrica unha folla de papel artesanal e exploraremos as posibilidades plásticas que nos ofrece, tanto en 2D como en 3D. Na actividade poderás probar a formar unha folla de papel para despois experimentar engadindo outros elementos como sementes, fíos, ceras, pintando coa propia polpa, facendo un gofrado ou creando unha sinxela escultura.

O obradoiro está enfocado para público infantil e familiar (menores de 6 anos acompañados dunha persoa adulta). Terá lugar na escola de Buía (Rianxo). Hai dúas quendas: 10:30-11:30h e 12:00-13:00h. Ten unha duración de 1 hora. Requírese inscrición previa no enderezo pedrasdepapelart@gmail.com