Educación e Cultura

Programa de aulas socioculturais e ocio educativo, marzo a xuño 2023 - AULA DE ARTESANÍAS CREATIVAS: CREAR COAS MANS - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

AULA DE ARTESANÍAS CREATIVAS: CREAR COAS MANS

Programa de aulas socioculturais e ocio educativo, marzo a xuño 2023

AULA DE ARTESANÍAS CREATIVAS: CREAR COAS MANS

 

10:45 horas 08/03/2023. PRAZAS CUBERTAS na AULA DE ARTESANÍAS CREATIVAS: CREAR COAS MANS

Todas as inscricións recibidas ata agora están ADMITIDAS.

As novas inscricións formarán parte dunha LISTAXE DE AGARDA, que se cubrirá coas posibles baixas das persoas admitidas. Formar parte desta listaxe non garante que sexas admitido/a na aula

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------


Finalidade: crear  un espazo de ocio activo para socializar, fomentar a imaxinación, mellorar a concentración e a psicomotricidade, aumentar a autoestima e concienciar sobre problemas ambientais e de xénero. Podemos tratar sobre cestería, encadernación, origami, alfarería, papel artesanal, reciclaxe, collage, bisutería, ... Haberá unha proposta inicial de pezas a elaborar pero, dentro do posible, irémola adaptando ás destrezas e intereses das persoas asistentes.
Persoas destinatarias: maiores de 14 anos.
Docente: Electra Menéndez.
Días: mércores 22 e 29 de marzo; 12, 19 e 26 de abril; 3, 10, 24 e 31 de maio; 7, 14, 21, 28 de xuño.
Horario e lugar: De 16:00 a 18:00 no Pazo de Rianxiño (aula de plástica).
Participantes: Máximo 10 participantes

Prazo de matrícula: ata ao 16/03/2023 ás 14:00, no formulario creado ao efecto na web do concello. https://concelloderianxo.gal/web/forms/shared/-/form/3219599

  • As admisións serán por rigorosa orde de inscrición.
  • Os días e horarios poden variar unha vez iniciada a actividade tras acordo de docentes e alumnado e existindo dispoñibilidade de instalacións.
  • Todas as actividades son gratuítas

Máis información: concelloderianxo.gal, cultura@concelloderianxo.gal ou no telf 981 100 688