Educación e Cultura

Programa de aulas socioculturais e ocio educativo, marzo a xuño 2023 - AULA DE CANTO: A VOZ, A MÚSICA E A ESCOITA ACTIVA - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

AULA DE CANTO: A VOZ, A MÚSICA E A ESCOITA ACTIVA

Programa de aulas socioculturais e ocio educativo, marzo a xuño 2023

AULA DE CANTO: A VOZ, A MÚSICA E A ESCOITA ACTIVA


Finalidade: ​​​​​​​aparte de fomentar o convivio musical entre os participantes, creando un espazo de participación cultural e traballo en equipo, tentaremos aprender aspectos básicos sobre a voz e a música, que incidan nun mellor autocoñecemento e goce do propio instrumento, así como desenvolver a escoita activa e a interpretación musical en grupo.
Persoas destinatarias: maiores de 50 anos.
Docente: Esperanza Mara Filgueira Rama.
Días: Luns 3, 10, 17 e 24 de abril; 8, 15, 22 e 29 de maio; 5, 12, 19 e 26 de xuño. Venres 19 de maio e 9 de xuño.
Horario e lugar: De 16:30 a 18:30 no Liceo (baixo).
Persoas participantes: Máximo 20 participantes.

Prazo de matrícula: ata ao 16/03/2023 ás 14:00, no formulario creado ao efecto na web do concello. https://concelloderianxo.gal/web/forms/shared/-/form/3219599​​​​​​​

  • As admisións serán por rigorosa orde de inscrición.
  • Os días e horarios poden variar unha vez iniciada a actividade tras acordo de docentes e alumnado e existindo dispoñibilidade de instalacións.
  • Todas as actividades son gratuítas.

Máis información: concelloderianxo.gal, cultura@concelloderianxo.gal ou no telf 981 100 688