Educación e Cultura

- Cambios na programación dos ACTOS CASTELAO 2018 - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Cambios na programación dos ACTOS CASTELAO 2018

Un ano máis, o Concello de Rianxo conmemora o nacemento do seu ilustre rianxeiro, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, cunha ampla proposta de actividades. A programación definitiva é a seguinte:

Venres 19, 19:30 h - Auditorio (sala de exposicións)

GRAVADOS: apertura da exposición Castelao hoxe, de José Fuentes.

Venres 19, 20:30 h - Auditorio (salón de actos)

CONFERENCIA: Castelao, memoria e xustiza, polo historiador Miguel Anxo Seixas, presentado por Adolfo Muíños (alcalde de Rianxo).

Sábado 20, 20:30 h - Auditorio (sala Arcos Moldes)

MÚSICA: Herdeiras, de Carme Penim.
Música, poesía, danza e audiovisual sobre as mulleres e a memoria.

Venres 26, 20:30 h - Auditorio (sala Arcos Moldes)

LIBROS: presentación da novela O xardineiro dos ingleses (premio García Barros 2017) de Marcos Calveiro, en conversa con María Xesús Blanco (vicepresidenta de Barbantia) e Xerardo Agrafoxo (novelista e historiador), presentados por Adolfo Muíños (alcalde de Rianxo).
Intervención plástica a cargo de Luís Noya.
Apertura e peche musical a cargo de Ramiro Lamas (trombón) e Tano Domínguez (piano) da EMR.

Sábado 27, 19:00 h- Cuartel Vello

DOCUMENTAL: proxección do filme Sitio distinto, dirixido por Davide Cabaleir,o sobre a emigración galega en Euskadi. Posterior coloquio.

Sábado 27, 20:30 h - Auditorio (sala Arcos Moldes)

TEATRO: Retrincos de Castelao, por Isabel Risco e Fran Rei. Texto e dirección de Diego Rey.

Domingo 28, 12:00 h. Paseo da Ribeira (busto de Castelao)

OFRENDA FLORAL e intervención de autoridades.