Educación e Cultura

- Bailas?, obradoiro de danza Alecrín - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Bailas?, obradoiro de danza Alecrín

O programa Bailas?, é unha proposta do Taller Alecrín en colaboración co Concello de Rianxo, onde se traballen dúas modalidades de baile: Linedance e Baile Social.

Os obradoiros desenvolveranse os domingos pola tarde-noite unha vez ao mes dende novembro de 2022 a febreiro de 2023, e terán un custo por persoa de 15,00 €.

Máis información e inscricións no teléfono 698 150 432

O Obradoiro de Linedance terá inscrición individual e vai orientado a persoas que desexen una toma de contacto co baile a través de diferentes ritmos como o swing, a polka, ou o Funky, ata ritmos tropicais como a bachata ou a kizomba; o de Baile Social ofrece unha selección de bailes estándar, latinos e tropicais que van dende o vals ou o tango ata a o merengue e a bachata pasando pola rumba ou o cha-cha-chá, obradoiro orientado ao traballo en parella.

A Asociación Cultural Taller de Danza Alecrín é unha entidade sen ánimo de lucro, inscrita no rexistro de  Asociacións da Xunta de Galicia co número: 182/1984 e CIF: G15140643, que dende hai máis de trinta anos segue a ser referente no ensino do baile na comunidade galega. Actualmente desenvolve as súas actividades nas
contornas de Santiago e Barbanza onde desenvolve obradoiros regulares e puntuais de Linedance, Baile Social, Bailes de Salón, Bailes Latinos e Tango Arxentino.