Educación e Cultura

- Ben Vennas Maio, concerto polo día europeo da música antiga - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Ben Vennas Maio, concerto polo día europeo da música antiga

Ben Vennas Maio, un espectáculo de Pablo Sanmamed, Elena Tarrats, Begoña Olavide, Iago Mourinho e Chus Pazos para conmemorar o día europeo da música antiga.

O concerto terá lugar o vindeiro martes 21 de marzo, ás 20.30 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo.

A entrada é de balde ata completar capacidade. Recollida de convites dende unha hora antes do comezo do espectáculo.

A proposta musical Ben Vennas Maio, de Pablo Sanmamed, é un camiño aberto ás Cantigas de Afonso X a través de dúas linguaxes que se encontran: as da música medieval e o jazz.
Música, texto e fotografía presentan entidade propia ao tempo que dialogan sobre os temas centrais de Ben Vennas Maio: as cantigas, o maio, a primavera, a muller.

A proposta está promovida pola Deputación da Coruña como unha actividade con motivo da celebración do día Europeo da Música Antiga.