Educación e Cultura

- Cabalgata de Reis en Rianxo - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Cabalgata de Reis en Rianxo

Un ano máis os Reis Magos achéganse a Rianxo por mar.

A partir das 17.30 horas, no Pavillón Polideportivo, poderase visitar o Belén vivinte ambientado a cargo da Asociación Cultural Fogo Fatuo.

Ás 18.30 horas os Reis Magos chegarán ao Porto de Rianxo e alí estarán agardándoos as carrozas reais co seu séquito para realizar un desfile pola vila, sempre que o tempo o permita. (Porto-Paseo da Ribeira-Praza Castelao-Rinlo-Irmáns Insua-Rúa dos Mestres-Rosalía de Castro).

Rematarán o seu desfile no Pavillón Polideportivo onde estarán esperándoos para a recepción oficial e o posterior reparto de caramelos entre a veciñanza.