Educación e Cultura

Atención ó sitio web e ás redes sociais do Concello de Rianxo polos posibles cambios debido ao tempo - Cabalgata dos Reis Magos en Rianxo - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Cabalgata dos Reis Magos en Rianxo

Atención ó sitio web e ás redes sociais do Concello de Rianxo polos posibles cambios debido ao tempo

O vindeiro venres 05 de xaneiro os Reis Magos veñen a Rianxo.

A partir das 15.00 horas, a comitiva dos Reis Magos percorrerá as parroquias do Concello de Rianxo.

O percorrido previsto polas estradas principais será: Isorna, Leiro, Fincheira, Rúa Arcos Moldes, Estrada de Rianxiño, O Pazo, Fachán, Taragoña (volta en Beluso), Araño, Burés, Asados, Rinlo e Praza de Castelao.

En Rinlo, arredor das 18.30 horas, unirase á comitiva da cabalgata un séquito de animación de rúa e musical a pé que acompañará ás carrozas ata a Praza de Castelao. Sobre as 19.00 horas as súas maxestades realizarán a ofrenda no Belén vivinte, serán recibidos pola corporación municipal e atenderán a todas peticións das persoas que se acheguen e repartirán un carameliños.

A partir das 17.30 horas xa pode visitarse o Belén Vivinte así como tamén haberá obradoiros en Rinlo para as crianzas.

No caso de condicións meteorolóxicas adversas a recepción dos Reis Magos trasladarase ao Pavillón Polideportivo José Manuel Abuín "Chema".

Atención ó sitio web e ás redes sociais do Concello de Rianxo polos posibles cambios debido ao tempo.