Educación e Cultura

O venres 05 de xaneiro, as predicións meteorolóxicas adversas non van permitir que a recepción das súas maxestades se desenvolva como estaba previsto. - CABALGATA REIS MAGOS: cambios - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

CABALGATA REIS MAGOS: cambios

O venres 05 de xaneiro, as predicións meteorolóxicas adversas non van permitir que a recepción das súas maxestades se desenvolva como estaba previsto.

O venres 05 de xaneiro, as predicións meteorolóxicas adversas non van permitir que a recepción das súas maxestades se desenvolva como estaba previsto. Polo tanto vanse producir os seguintes cambios:

TRASLADO AO PAVILLÓN JOSÉ MANUEL ABUÍN ("CHEMA"): do Belén Vivinte e da Recepción dos Reis Magos, apertura de portas a partir das 17.30 horas. Ter en conta as seguintes indicacións:

  • A capacidade do pavillón está limitada a un número concreto de persoas, polo tanto haberá un control de acceso. Prégase tranquilidade e comprensión, a recepción e reparto de caramelos non rematará ata que as súas maxestades atendan a todas as persoas interesadas.
  • Atender en todo momento ás indicacións da organización.

A comitiva dos Reis Magos mantense segundo o previsto, saíndo o percorrido ás 15.00 horas de Isorna.

O percorrido polas estradas principais será: Isorna, Leiro, Fincheira, Rúa Arcos Moldes, Estrada de Rianxiño, O Pazo, Fachán, Taragoña (volta en Beluso), Araño, Burés, Asados, Rinlo e Pavillón José Manuel Abuín "Chema".

Podedes seguir en directo a cabalgata e recepción das súas maxestades na canle de youtube do Concello de Rianxo.