Educación e Cultura

Proxecto de democratización do coñecemento para os maiores de 50 anos - Camiños de coñecemento e experiencia - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Camiños de coñecemento e experiencia

Proxecto de democratización do coñecemento para os maiores de 50 anos

Camiños de coñecemento e experiencia. Proxecto de democratización do coñecemento para os maiores de 50 anos. Formación universitaria para os maiores de 50 anos.

Dende a Universidade de Santiago e en concreto dende o Vicerreitorado de Estudantes, o Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo desenvolven un programa formativo dirixido a persoas de máis de 50 anos de idade coa colaboración do Concello de Rianxo.

PROGRAMA FORMATIVO NO CONCELLO DE RIANXO:

​​​​​​​Aula no Centro Sociocultural/Auditorio de Rianxo

24/04/24 16:30 - 18:00 h

Seminario: Para que serven os insectos? D. José Carlos Otero González, profesor emérito da facultade de Bioloxía.

25/04/24 16:30 - 18:00 h

Obradoiro práctico: Para que serven os insectos? D. José Carlos Otero González, profesor emérito da facultade de Bioloxía.

26/04/24 16:30 - 18:00 h

Seminario: As orixes do culto xacobeo: historia e lenda. D. Victoriano Nodar Fernández.

29/04/24 16:30 - 18:00 h

Seminario: A relevancia, a diversidade e a riqueza do patrimonio cultural inmaterial galego: unha aproximación á Historia da Música Galega e aos instrumentos de percusión. Dna. María González Blanco, docente da facultade de Ciencias da Educación.

30/04/24 16:30 - 18:00 h

Obradoiro práctico de ritmo e percusión. Dna. María González Blanco, docente da facultade de Ciencias da Educación e Dna. Lusine Grigoryan Zohrabyan.

03/05/24 16:30 - 18:00 h

Visita a Santiaguiño do Monte e a Igrexa de Santiago de Padrón. D. Victoriano Nodar Fernandez.

INSCRICIÓNS:

​​​​​​​Preferiblemente por correo electrónico en cultura@concelloderianxo.gal ​​​​​​ Indicando:

  • Nome e apelidos
  • DNI
  • Data de nacemento
  • Enderezo postal
  • Correo electrónico
  • Nivel académico: Estudos primarios/Estudos secundarios/Diplomatura universitaria/Licenciatura universitaria/Doutoramento

No teléfono 981 100 688 ou presencialmente no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo.