Educación e Cultura

- CAMPUS ITINERANTE IV CICLO - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

CAMPUS ITINERANTE IV CICLO

A Mancomunidade Barbanza Arousa coordina, cos concellos que a conforman, o Campus Itinerante IV Ciclo da Universidade de Santiago de Compostela; dirixido a persoas maiores de 50 anos e profesionais de atención ao maior.

Trátase dun programa de envellecemento activo posto en marcha pola Universidade de Santiago de Compostela co financiamento da Dirección Xeral de Maiores e Servizos Sociosanitarios da Consellería de Política Social e Xuventude.

O campus consistirá en conferencias de diferentes temáticas que se desenvolverán nos catro concellos, Rianxo, Boiro, Pobra do Caramiñal e Ribeira, que son as seguintes:

MÉRCORES 29/03/2023 18.00 h CONCELLO DE BOIRO (Centro Social de Escarabote)

O sono e os seus trastornos impartida por Dª. Mónica Antelo Maneiro

VENRES 31/03/2023  18.00 h CONCELLO DE BOIRO (Centro Social de Cabo de Cruz)

Saúde cardio saudable impartida por D. José Ramón González Juanatey

MARTES 11/04/2023 18.00 h CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL (Auditorio do Museo Valle-Inclán)

Depresión impartida por D. Fernando Lino Vázquez González

VENRES 14/04/2023 18.00 h CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL (Auditorio do Museo Valle-Inclán)

Para garantir a integración protexa a túa vista e os teus ollos impartida por D. Jesús Giráldez Fernández

MARTES 25/04/2023 18.00 h CONCELLO DE RIANXO (Centro sociocultural/Auditorio de Rianxo)

Nutrición impartida por D. Sergio Cinza Sanjurgo e D. José Manuel Fernández García

MARTES 09/05/2023 h CONCELLO DE RIBEIRA (Auditorio)

Xenómica e Medicina personalizada por D. José Angel Carracedo

Para facilitar a asistencia ás conferencias, aquelas persoas que o precisen, poderán facer uso dun servizo de autobús que irá percorrendo os diferentes concellos.

Máis información e inscricións para os veciños e veciñas de Rianxo, realizase no teléfono 981 100 688, no correo-electrónico cultura@concelloderianxo.gal ​​​​​​​ou presencialmente no Centro Sociocultural Auditorio de Rianxo.