Educación e Cultura

- Ciclo Novos Intérpretes: Adrián Pais (saxo) e Paula Gago (piano) - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Ciclo Novos Intérpretes: Adrián Pais (saxo) e Paula Gago (piano)

Adrián Pais (saxo) e Paula Gago (piano) realizarán o primeiro concerto do Ciclo de Novos Intérpretes que se desenvolvera de abril a decembro no Auditorio de Rianxo, e no que tamén participarán: Aida Saco (piano) 12 maio, Roberto Bolaño (trompeta) e Alejo Amoedo (piano) 2 xuño, Antón Alcalde (música electrónica) 13 outubro, Sabela Galbán (frauta) Quinteto Fuoco 17 novembro, Patricia Túñez (violín) e Iago García (piano) 1 decembro e Iago Hermo (piano) 29 decembro.

Este primeiro  concerto de Adrián Pais e Paula Gago será no Auditorio de Rianxo o vindeiro venres 21 de abril ás 21.00 horas. Retirada de entradas gratuítas na billeteira do auditorio o propio día do concerto (apertura da unha hora antes do comezo do concerto).

 

O músico rianxeiro Adrián Pais iniciouse no saxofón con tan só 9 anos. Finaliza os seus estudos superiores en Palma de Mallorca e despois trasládase a Francia para continuar a súa formación no Conservatorio Rexional de Burdeos.

Gañou máis dunha decena de premios en concursos nacionais e internacionais, entre os que destacamos o obtido no 38º Concurso de Música de Cámara Club Lyceum de Lausanne (Suiza).  É membro dos grupos de cámara Art Sound Quartet e [IN]Stabiles Ensemble. Na actualidade, Adrián Pais combina a súa faceta pedagóxica como invitado a diferentes seminarios e clases maxistrais coa creación con compositores e artistas contemporáneos, coa participación en diversos festivais e coa realización de concertos como solista.

A música marinense Paula Gago comeza aos oito anos os estudos musicais, formandose nos CMUS de Pontevedra e Santiago de Compostela e obtén o título de Profesora Superior nas especialidades de Piano e Música de Cámara. Traballa en diversos conservatorios e escolas de música (Cambados, Vigo, Salcedo, Pontevedra, Rianxo, Arcade, ...). Pertence e toca con distintas bandas de música (Salcedo, Filarmónica de Galicia Sinfónica da Federación Galega de Bandas de Música Populares, Valga, Ponteledesma, Rianxo, Pontevedra, ...). É membro da Banda de Música Municipal de Catoira e colabora coa Orquesta Filharmónica Ciudad de Pontevedra. Desde 1995 adícase plenamente ó acompañamento de instrumentistas ao tempo que exerce como pianista da Camerata Arven.