Educación e Cultura

A escritora de Cabo de Cruz, Ana Lojo Chan, presenta a súa publicación Marea Morta - Coloquio-presentación Marea Morta de Ana Lojo Chan - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Coloquio-presentación Marea Morta de Ana Lojo Chan

A escritora de Cabo de Cruz, Ana Lojo Chan, presenta a súa publicación Marea Morta

A coloquio-presentación da publicación "Marea Morta" de Ana Lojo Chan. O evento terá lugar o venres 14 de abril no salón de actos do Auditorio de Rianxo, ás 20:30 horas.

No acto, ademais da propia autora, teremos a presenza de Mariano Muñiz e do alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños. Será unha oportunidade única para coñecer de primeira man os segredos e as anécdotas que se agochan detrás desta novela apaixonante.

"Marea Morta" é unha obra que nos mergulla nunha historia de intriga e misterio, ambientada nas costas galegas, concretamente en Cabo de Cruz (Boiro). Unha trama chea de emocións que non deixará a ninguén indiferente.

Liz vive con súa nai en Edimburgo e acaba de chegar a unha localidade galega (Cabo da Cruz) para pasar unhas semanas cos seus avós e demais familia, dos que leva anos afastada. . Acompañada de familia e amigos, pasa unha das mellores experiencias da súa vida, á vez que intenta darlle sentido a ese secreto que tanto a atormenta, xa que, anque a nosa protagonista pode chegar a dubidar da existencia de certos mitos…, habelas hainas.

Solo Liz nos poderá contar si consegue superar todos os seus medos, mais o que si consegue é descubrir a importancia da amizade, a ilusión dun primeiro amor e o valor das tradición desta outra súa terra. Na súa curiosidade atopará uns poemas cuxo significado irá desvelando, ao par que destapa outros misterios e verdades que farán da súa estadía de mes e medio o mellor verán da súa vida…, because life is beautiful!

Ana Lojo Chan, nada no Cabo da Cruz - Boiro, en 1978, é unha mestra de inglés de Infantil e Primaria que comezou escribindo contos para os seus alumnos. Esta afección derivou en proxectos máis ambiciosos arredor da sabedoría popular, as tradicións e o intercambio e mestizaxe cultural.
O seu obxectivo era que os seus fillos coñeceran as costumes e aspectos relevantes do lugar no que se criaron e así foi creando unha historia para que toda a información, recopilada tras ans de investigación de campo, resultase amena e entretida.

O seu tempo libre adícao á lectura, á escrita ou facendo deporte, mais o que realmente lle apaixona es viaxar.

Viviu una tempada en Edimburgo, varias semanas en Canadá, Finlandia, o sur de Inglaterra e Irlanda. Esas experiencias aportáronlle gran riqueza tanto no ámbito persoal como no profesional.