Educación e Cultura

Concerto de presentación do disco Basal de A Pedreira, liderados pola artista galega Ugía Pedreira. - Concerto: A Pedreira - Basal - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Concerto: A Pedreira - Basal

Concerto de presentación do disco Basal de A Pedreira, liderados pola artista galega Ugía Pedreira.

Concerto de presentación do disco Basal de A Pedreira, liderados pola artista galega Ugía Pedreira. O disco Basal é unha fusión de estilos diversos pintando a música galega desde o magma da composición.

  • Cando: sábado 16 de novembro, ás 20.30 h
  • Onde: Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo

Proposta ao abeiro do programa Outono das Artes da Deputación da Coruña.

Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada de convites na billeteira do Auditorio dende unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa).

SOBRE BASAL
O amor pola sonoridade e o signicado das palabras que caracterizan a obra de Ugia Pedreira sustentan o seu novo traballo, o segundo en solitario despois de Segmento Cantábrico (2021), que sairá publicado en xuño do 2024. Unha obra que conecta música, psicoloxía, territorio e corpo-casa.
Basal son nove cancións entretecidas pola narrativa visual e cotiá da artista no seu hábitat actual, a súa casa natal na Mariña, na procura do básico e orixinario. Unha viaxe polas diferentes Pedreiras, dende a Ugia mai ata a nena cantautora con guitarra e voz, que subiu por vez primeira a un escenario con 14 anos.
Basal é unha fusión de estilos diversos, pintando a música galega desde o magma da composición con temática
losó ca, política, persoal, social... A Pedreira ten a capacidade de escribir versos implacables de enorme certeza
ou de escoller poemas suntuosos para musicar. Pasea polas creacións melódicas que se revisten da expresividade da lingua galego-portuguesa.
As cancións que compoñen este novo traballo van desde unha paixón arrebatada a unha tenrura que calma, a
berrar conscientemente a dor e analizala, a facerse amigos do medo. Son para bailar, rir, chorar e pasear nun mapa emocional excelentemente trazado.
Estamos diante dunha carga educacional intrínseca sobre a saúde individual e colectiva a través da arte, sobre
como a música repercute no cerebro e se somatiza no corpo-casa. Converte unha conversa de WhatsApp en
canción para nadar entre os tópicos do amor, vai a unha devoción real polo Mar que é constante na súa obra,
emprega xogos de palabras domésticas, a propia voz da súa nai Isabel, que ten un don para o cantar, ou a voz da
súa lla Lúa improvisando nun momento íntimo.
Unha viaxe interior confesional centrada na súa liña xenealóxica feminina, nunha paleta rítmica amplísima tanto
de instrumentos orgánicos como electrónicos.

Maís información: Páxina web Basal - A Pedreira.