Educación e Cultura

- Concerto aCadaCanto presentando A rosa d'Adina - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Concerto aCadaCanto presentando A rosa d'Adina

O vindeiro sábado 8 de marzo, ás 21.00 horas, o grupo aCadaCanto presentará no Auditorio de Rianxo o seu disco A rosa d'Adina.

A entrada ten un custe de 10 € e pode adquirise anticipadamente na Cafetería Castelao e no Bar Toffe. Ademais tamén se pode reservar no enderezo electrónico acadacanto@musicasdesalitre.com

O propio día do concerto poderán adquirirse as entradas a partir das 19.00 horas no  Auditorio.

aCadaCanto é unha formación composta por Guadi Galego, Xabier Díaz, Guillerme Fernández e Xosé Lois Romero, grandes dentro da música galega. Nesta ocasión achéganse a Rianxo para presentar o seu novo traballo A rosa d'Adina

Presentación do grupo aCadaCanto